22 de diciembre de 2010

Remodelacións varias e novo modelo

Boas!

Estou en plena febre da remodelación, tras superar unha pequeno proceso gripal que me fixo estar na cama dende o mércores. Aproveitei para mellorar cousiñas soltas de modelos subidos, nada grande. En principio, resubín O Cantón 8, que tiña varios errores por mor dunhas liñas nas curvas. Tamén a toda a parte de arriba da Mutua Gallega, agora vese moito mellor dende arriba, usando texturas de GE (malas, pero non son tan chamativas). Os almacéns San Marcos sufriron a maior, porque levaban meses cunha apelación pra ser revisados, pero nono queren, e nada. Reenvieinos cambiando unha das fachadas, máis limpa, mellor colocada e ca metade de peso, mellorando as texturas nalgúns sitios, tamén a vista superior e facendo o cartel visible dende ámbolos dous lados. Sen saír da rúa, contade con que xa teño outra máis das casas da rúa (o BBVA) pero ata ter 3 ou 4 non o subo. Teño ganas de mellorar o modelo de San Marcos actual que xa teño, en canto a fachadas e iso, que resubino mellorando tamén os tellados e algún detalle máis;pero as fachadas, se as comparamos coa casa que subirei, agora teñen unha calidade mais ou menos baixa... Xa verei como fago.

Por oura parte, teño un novo modelo. Na Praza Maior, o nº 3, no Cantón. Unha casa da que só vemos unha pequena parte, pero esténdese moito cara atrás. Fai esquina, entón traballai ben o soportal, que continúa por tódalas casas do Cantón. Déixovos as imaxes, e espero que vos gusten!



Un saúdo! ;)

7 de diciembre de 2010

Deputación 3.0

Boas!
Como xa saberedes, a Deputación é un modelo con moita importancia pra min, no mundo do 3D. Decidín borrar toda a morrala en PNG e facela ben. E este é o resultado:




Un modelo con moito detalle (a todo isto, en total ten unhas 8000 caras, pero case todas de compoñentes copiados e pegados, aceptarono na Galería, a ver se agora tamén a GE) Costoume unhas horiñas, pero creo que pagou a pena.

Tamén propúxenme facer o mesmo ca Casa Consistorial, pero ao final rematei facendo un modelo superdetallado da torre, a partires dunha fotografía...

Non vou subila (ten unhas 25000 caras) pero comparto estas imaxes con vós. Supoño que en navidades fareino en serio, e renovarei a Casa Consistorial. Estou con ganas de restaurar os meus modelos. Iso significa que durante un tempo, só mellorarei os que teño (sempre pode darme unha venada e facer algún) agás un que debo aos colegas de Tecnópole e que xa vai avanzado, informaréivos ;)

O reloxo. Ata os números teñen relevo.

Mellor vela en tamaño orixinal!
Tamén que a Rúa San Marcos é candidata a seguir sendo modelada, xa que a casa que bloqueábame (tiña a fachada cuberta por reforma) está rematada. Seguirei cando teña tempo.

Remato cos exames o 14, contade con que non haberá tanta actividade estes días. Desexádeme sorte!

Nada máis, un saúdo! ;)

1 de diciembre de 2010

Galiciencia 2010 Resumo

Boas!
Xa estou en casa, descansei, desfixen a maleta... Xa podo contarvos como foi todo isto.
A exposición, foi moi ben, deixando a un lado que estaba mal da gorxa e aínda por enriba quedei afónico o 1º día. A exposición que seguín ven sendo:
"Boas. Coñeces Google Earth? Os edificios 3D? Ben, pois en Galiza hai moitos modeladores, pero por número de edificios nas cidades, somos uns 3: Trasancos, de Ferrol; Wysywyg, de Lugo, e AArmesto, que son eu, tamén de Lugo. O método de creación de edificios é..."

E así durante unhas 10 horas, de dúas en dúas, non fora ser que cansáramos. O truco estaba en poñer mala cara para que os pequenos non se acercaran moito, xa que non entendían; pero os adultos ou os crecidos viñan, e entendían.
Entón, ao final o balance foi: Difusión dos blogs e dos modelos, unha entrevista en La Región, ao mellor outra grazas a contactos en Ribadeo...

Non está mal, creo eu, aparte de que a experiencia non ten prezo (era gratis) coñecín a moita xente, reencontreime con vellos amigos e dinme a coñecer.

Déixovos as fotos, que supoño que quereredes ver o cutrestand de Galiciencia, outra vez patrocinado por min xD



Por certo, Trasancos e Wysygyg poderedes ver os vosos nomes se aumentades.

E por certo, estou restaurando a Deputación Provincial, xa contarei máis na próxima entrada, creo que vai pra largo ;)

Tamén, que xa que vai tardar, podo recordarvos o meu problemiña coas árbores na Praza Maior... só o digo...

Un saúdo!

25 de noviembre de 2010

Saio en "La Región"!

Bueno, pois disculpas a Trasancos, que lle dixen que non saía nada! Iso era na web, que na versión impresa, saio. Tomei unha foto da miña parte, aquí está (o mellor é que a aumentedes, pra ler ben se non se ve)
Creo que saín la TVG, dixéronme por Lugo. Por agora non máis noticias, rematamos mañá venres, estaremos de 10 a 12 da mañá, por se estades a man, xa me vedes. A todo isto, Trasancos e Kico, se tedes un aumento de suscriptores e/ou visitas, que sepades que non os cobro pola publicidade (mañá é o día que adoito sacar fotos a todo, así que veredes como tiña montado iso, moi cutre pero funcional).

Un saúdo!

22 de noviembre de 2010

Nova colección cos meus modelos e imaxes

Boas de novo! Xa que estaba organizando todo isto, aproveitei pra crear unha colección cos meus modelos, como tedes moitos de vós. Alí poderedes ver todos os meus modelos xeoposicionados sen morralla, e de paso, déixovos as imaxes da colección e o logotipo:



 Este é o logotipo, a dobre A. É un símbolo que adoptei fai anos, por ser Andrés Armesto (as dúas comezan  por "A") e así simplificábase (vese tamén na cabeceira, que non pon AArmesto, senón Armesto) Aquí só lle puxen un degradado por detrás e o símbolo de GE polo medio, pra que quede bonito. Aínda que os tons azuis non son os meus, tiro máis ao negro ou vermello (na clasificación dos xeomodeladores de Lugo, da que un día falarei, eu son o vermello). De todas formas, así recordame un pouco ao novo deseño do blog de Trasancos...

En canto á imaxe da colección, é un simple montaxe coa anterior, o Pazo de San Marcos, que é a miña obra mestra dentro do meu nivel de entón, e que xa que preside o blog, pois tamén a colección. Pensei en poñer a Casa Consistorial, pero xa a ten Kico na súa colección de Lugo. Tamén unhas letras en Agency B, creo recordar, unha letra de trazo simple que me gusta, e coa que creo que irá a nova cabeceira cando remodele o blog, dentro de moi pouco (nada importante, poñer un fondo simple, actualiza-la cabeceira e tal vez algunha cor por ahí)


E despois de todo este texto, a dirección da colección, que podedes puntuar como xa fixo Trasancos, adiantándose aos post ;)

21 de noviembre de 2010

Galiciencia 2010

Por fin teño un ratiño libre, e vouno aproveitar contándovos ese proxecto: Vou (mellor dito, volvo) a Galiciencia a ensinar os "Monumentos galegos en 3D", un viaxe tridimensional por Galiza, vendo os monumentos desta. Usarei Google Earth, onde grazas a moitos de vos podemos atopalos. O meu plan é facer un pequeno percorrido por cada cidade, aínda que Ourense, Vigo e Pontevedra non teñen nada prácticamente. Estas dúas últimas, creo que omitireinas. Ourense non podo, que a feira é alí, no polígono de San Cibrao das Viñas, máis concretamente en Tecnópole. O maior recorrido será por Lugo e Ferrol, despois un pouco Santiago, algo de Coruña e algún sitio solto (p. ex Carnota, co Hórreo, A central das Pontes...) Polo tanto, os que máis publicidade gratuíta recibiredes seredes Trasancos, Kico López e eu entre algún outro ;) Espero que non os pareza mal, entendo que se está ahí, será para compartilo.

Por se queredes dar unha volta, será nunha carpa frente ao edificio central de Tecnópole (San Cibrao das Viñas) do 24 ao 26 de novembro (de mércores a venres) de 10:00 a 13:00 horas e de de 15:00 a 18:00 horas de la tarde; excepto o venres, que será só pola mañá.


E a todo isto, os de Google están de vacacións ou que? Levo pra que me acepten uns modelos semanas, igual que Pablo Vega, e isto venme moi mal -.-

Un saúdo!

Novos modelos!

Boas! Aínda que o problema que teño polo cal non podo subir modelos nin baixar terreos non debería, uso outro PC pra poder colgalos na Galería 3D. Entón, aquí tedes os meus novos modelos (un deles é restaurado)

O IES Xoán Montes: É o meu instituto, agora mesmo non dispoño de moita información del, pero compártoa con vós: Foi deseñado por Eloy Maquieira. De estilo racionalista, comezouse no 1934 e non rematou ata o 48, pola guerra. Foi un instituto de Formación Porfesional até o 72, que se transformou no Instituto Mixto, o primeiro de Lugo deste tipo. Despois, acabou sendo o instituto onde estou estudando.



Praza Maior 8: é unha casa da que tampouco coñezo moito, está no Cantón, esa zona da Praza, coas súas míticas terraciñas. De estilo racionalista, houbo algúnha queixa ao principio pola súa altura, 2 andares maior ca das construcciones anteriores (ao lado hai outra parecida, que farei máis adiante)




E por último, reformei o templete da Praza Maior. Agora é moito máis realista, xa que ese foi dos meus primeiros modelos.



Nada máis, espero que vos guste todo!

18 de noviembre de 2010

Novo modelo en construcción: o IES Xoán Montes

Boas! Aínda non solucionei o problema, e entón púxenme a arreglar algún modelo, que xa subirei. Pero o mellor disto foi que comecei a facer de novo o meu instituto, o IES Xoán Montes, ou mixto (o primeiro deste tipo en Lugo) Deixovos uns renders do Artlantis, sóamente teño o modelo, as texturas xa virán logo ;)
(Aconsello velo en grande)
Tamén quedanvos as árbores subidas aquí:
 http://www.panoramio.com/user/aarmesto

Teño por outra banda, pensado contarvos no próximo post o proxecto do que falaba. Espero que sexa mañá.

Un saúdo, e ata pronto!

14 de noviembre de 2010

Problemas. Axuda, modeladores!

Boas!
Teño dous problemas pra os que non atopei solución aínda, un grave e outro non tanto.

O primeiro: O sketchUp non abre ningunha ventá! Iso significa que nin galería 3D, nin xeolocalización, e probablemente outras cantas cousas máis. Teño a versión 8.0, en Pro pirata, aínda que xa quitei a licencia e instalei o normal por ver se ía, pero non. Surxiu despois de que o PC estropeárase e borrara algo dese programa e dalgún outro, pero tras reinstalalo, funcionou, aínda que iso non. Non podo traballar así, e venme moi mal agora, xa que teño un proxecto importante ao que lle dedicarei outro blog, e que involúcravos a varios de vós! (adiántovos que vou a unha feira de ciencia e tecnoloxía)

O outro problema, é menor. Cóntovos:

Teño como modelo medio abandoado a Praza Maior. pero non os edificios, senón a propia praza. O meu problema son as árbores. É unha especie non moi común e non recordo cal, pero o problema é que quero facelas en 3D, de forma que non ocupen moito e sexan realistas. Con outras, podo poñer dóu PNGs en cruz e listo, pero estas.... non.

Hai dous tipos, principalmente, podédelas ver nestas fotografías:




Se sabedes algunha solución, pra ambos, por comentario no post. E para o das árbores, se algúen coñece algunha forma, e quere facelo, mañá pasarei con sorte pola praza e tomarei algunha fotografía. Colgareinas en Panoramio, non en Flickr, que é onde subo as fotos normaliñas ou pra estas cousas e poderedes mandar os modelos por mail ( aarmesto.cor@gmail.com ) ou subilos na vosa galería, se tedes modelos de árbores. Iso é cousa vosa!

Nada máis, espero as vosas respostas, e grazas por adiantado! ;)

8 de noviembre de 2010

Modificada a Estación de autobuses e novo modelo

Por fin amañei este modelo! A modificación do terreo era necesaria, pero as rúas quedaban inclinadas, entón, decidín borrar todo excepto o chan do patio, e facendo un pouco de trampa, da bon resultado. A trampa é que desplacei o edificio do aparcamento (o do tellado vermello) cara abaixo, axustando un pouco de onde facía falta. Creo que quedou ben, iso dicídeo vós!



Tamén teño un novo modelo, o primeiro de 3 (se comezamos a contar dende a dereita). Son os que se atopan xunto ao Boston, de Kico López. O último, de estilo racionalista, está medio en ruinas, xa houbo algún problema co desprendemento de elementos á rúa. Acadarei amañalo un pouco, a ver como sae, que non é cousa de que quede feo, pero tampouco facelo irrealmente novo. Déixovos a imaxe 3D do 11 aínda que só é fachada, o resto non paga a pena e unha fotografía dos 3.

31 de octubre de 2010

Restaurada Igrexa do Carme

Boas! Este modelo nunca rematou de convencerme. O campanario tiña dous tonos distintos á fachada e entre eles, non quedaba ben. Aparte, tiña un error na base deste, xa que entrevíase na fachada. As escadas estaban mal colocadas, e a altura total tamén. Pero sobre todo, o campanario era cutre e feo.
Agora, creo que non ^^.

Ten unha completa transformación do campanario, dos detalles, o tellado e parte da fachada. Probei un novo método que resultou ser bo. O campanario estaba formado por 4 imaxes entrecruzadas en formato .PNG e a "cúpula" por dúas en "X". Fíxeno en 3D todo, contando con que os polígonos non ocupen máis que as imaxes. Resultou.O modelo pasou de 1,13mb a 0,98mb. Non é moito, pero contando con que o detalle do modelo aumentou moito, vale a pena. Probei unha modificación no tellado que poño por defecto agora mesmo, e non foi moi alá. Vouna deixar, pero non farei iso en próximos modelos, costa un tempo e non paga a pena. Agora déixovos as capturas comparando, explicando un pouco debaixo:


Vista xeral do vello e o novo: Comparade a altura á que está, referenciada polas escadas. No 1º ían mal. Tiven que elevar un pouco todo o modelo para corrixilo.




Aquí podemos comparar o detalle da esquina. No vello eran dúas imaxes en "X", agora é unha reproducción 3D máis ou menos exacta.



O campanario e o tellado: aquí podedes comparalo. Creo que non é necesaria unha descripción.

O enlace e a vista:


E isto é todo, espero facer algo novo pronto. Un saúdo! ;)

15 de octubre de 2010

Novos modelo, e restaurado o modelo do Cuartel

Boas! Como se di no título, teño un novo modelo, velaquí está:


É un dos 5 edificios da Praza do Ferrol, e só me faltan 2. Xa teño os outros dous feitos, un xa estaba e outro engadino como xa contaba aquí. Esta é a casa de estilo racionalista.

Tamén restaurei o Cuartel de San Fernando, que xa íalle facendo falta. Dentro de algún tempo, será un novo museo, alomenos non estará abandoado...


E por agora, xa está, espero rematar pronto a mazá da Praza do Ferrol ;)

13 de octubre de 2010

O Modelador 3D de edificios pra Google Earth

Esta entrada é pra informar sobre os usos do Modelador 3D, unha ferramenta gratuita que pode usarse sen instalar no PC.

O M3D apareceu a mediados do 2009, e é a ferramente que Google utilizaba pra crear bloques de casas de forma rápida e sinxela. Só se sabía que usaban un método semiautomático. Feito público, comezouse a usar en EEUU (coma sempre) pero foise estendendo a outros lugares.

Consiste en crear prismas a modo de bloques e tellados, sobre unha fotografía aérea cun ángulo de inclinación suficiente para verse a fachada. Hai disponibles 6 vistas por edificio, alomenos (4 das fachadas, unha dende arriba e outra alternativa). O método é difícil explicalo por escrito sen liarse, polo que podedes ver este video e aforrades moito:


Por agora, está disponible nunhas cantas cidades, e cada vez en máis. Por exemplo, en España están disponibles Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia. Tamén hai algunhas cidades europeas máis (Londres, París e Roma non, cousa que me sorprendeu) e déixovos algún video tamén, de cidades completas:

MADRID



VENECIA



Este sistema é moi efectivo para rematar rápidamente as cidades, xa que é moi rápido, pero ten desvantaxes:
  •  A calidade dos modelos redúcese notáblemente, dende arriba da o pego, pero non se pode comparar co traballo de SketchUp, aínda que hai algúns usuarios que consegue uns traballos, dunha calidade, case igual.
  • Os modelos teñen algunhas carencias, como a cantidade de polígonos,  moi baixa, carga antes, pero menos detalle. Aínda que se se quere gastar algo máis de tempo, agora pódese importar a SketchUp, coma no exemplo do enlace anterior.
  • Só está disponible en unhas poucas cidades, e agora mesmo están comezando a poñelo en Sudamérica, polo que dudo que chegue a Galiza ata dentro dalgún tempo, estas cousas van lentas...
  • As texturas adoitan ir mais ou menos mal, por exemplo:   As árbores que hai ao redor, provocan ese erro. Nas cidades, dúas casas que estean xuntas, pero que unha non aparezca (non está feita, quitámola para ver mellor, etc) deixarán ver na fachada lateral o tellado da do lado.
Por outra parte, teño a miña propia opinión: Paréceme moi ben que o habilitaran para o uso público, e espero que sigan así ata acadar todo o mundo, pero iso non quita de que dexenera as cidades. Eu imaxino Lugo así, e penso: Axudará moito a rematalo, pero nos barrios exteriores, á muralla alomenos. O centro histórico paréceme suficientemente bonito, importante ou se lle queira chamar como para facelo nesa calidade. Merece ser feito no SketchUp, aínda que axudaría moito para, por exemplo, a parte de atrás das casas. Só por dar un exemplo,  A rúa San Marcos, na que estou traballando, ten unhas casas preciosas, e sería un erro facela co M3D, pero a parte de atrás das casas podería facerse sen problema algún, é máis, facilitaría o traballo, pero as fachadas, alomenos, facelas ben. Podedes velo aquí, na vista 3D; a fachada está traballada, e para facer a parte de atrás, copiei as fiestras do Cuartel de San Fernando.



Un modelos que para min, destrozouse por non facerse co SketchUp: Santa María Novella, en Florencia. Non a atopo na Galería 3D porque está feita noo M3D, pero podédela buscar e ver o mal que queda.

Nada máis, isto era só pra informarvos se non coñecedes ben a ferramenta e fíxeno polo meu profesor de debuxo técnico, ao que lle prometín algo de información :)

Un saúdo!

12 de octubre de 2010

Novos modelos!

Boas!
Hai tempo que non escribía, a pesar de ter novos modelos subidos.
O primeiro é o Colexio da Milagrosa, que xa está rematado. Na entrada anterior xa informaba de como ía, pero modifiquei moitas cousas, xa que non me gustaban. Agora xa está rematado, espero que vos guste.



Por outra banda, hoxe adiqueime a restaurar outro modelo, o que fai esquina entre a Praza do Ferrol e a Rúa San Marcos, un modelo que levaba moito en GE. O problema foi que o pintaron hai pouco, entón, por fin cambieino. Tamén fixen unha pequena do lado.



Agora que rematou o San Froilán, o meu tempo libre verase reducido, espero ter tempo algunha vez para traballar un pouquiño, xa que me gustaría rematar esa mazá, onde está o Centro de Especilalidades Médicas, e 2 casas, unha grande, de estilo racionalista e outra tipo mole.


Por certo, en canto a este modelo, non sei que lle pasa, a perspectiva está algo mal, é como un gran angular, un pouco incómodo para traballar, pero non sei como solucionalo, se sabedes... Vese claramente na imaxe, está moi distorsionada. Grazas!

Un saúdo ;)


Actualizo: Grazas a Trasancos, que me contou como solucionalo, e agora xa está.

7 de octubre de 2010

O tablón de abaixo á esquerda, e novo modelo.

Só actualizo pra recordarvos que tedes unha ventá de conversa abaixo á esquerda, na columna. Gustaríame que comentedes con erros dos modelos, suxerencias, novas que poderían interesarme, propostas pra novos edificios, etc.

Xa que a xente non está moi afeita a comentar (agás Trasancos, que comenta en case todos xD), alomenos que sexa máis sinxelo. En caso de que faga falta máis espazo se ten éxito, colocareina na columna central, abaixo de todo, haberá que desplazarse más, pero verase máis claro.

Creo que só tedes que darlle click e como iniciar sesión, sempre que teñades conta, e xa está!

Xa que estou aqui, aproveito pra deixar unha captura dun modelo que pronto rematarei, un edificio que tiña "a medias" (a Igrexa xa estaba feita)...
Respecto a este edificio (actualmente o Colexio da Milagrosa, creo) teño que dicir, que pra min, sobraban os 3 últimos pisos (hai outro máis que non se ve nesa foto).

 Por outra banda, quedei con Cristóbal Pablo de facer a Rúa Nova, alomenos o tramo dende Montevideo ata a Praza da Soidade (ata o Museo Provincial). É só un proxecto, pero tentarémolo levar a cabo. Repartímolo de esta forma: Pablo o lado este e eu o oeste.

Nada máis, un saúdo ;)

6 de octubre de 2010

Modelo actualizado: O Viaducto da Chanca

Dende hai algún tempo, o Viaducto da Chanca estaba feito, pero moi mal feito: Unha textura por defecto e mal deseñado.
Agora xa está solucionado. Realmente, non actualicei o modelo, senón que volvín facelo de cero. Creo que o resultado non é moi malo, contando con que usei unha fotografía dun día de néboa que fixen e outra (para o interior dos arcos) de Panoramio, con cores demasiado distintas, cousa notáble. O único problema que tiven foi o terreo, aínda non sei como modificalo co SketchUp 8, máis que nada por que non probei.
Agardo que vos guste, levoume unhas poucas horas e estou moi ledo da diferenza que encontras entre o vello e o novo.
Déixovos caoturas de antes e despois, e a vista 3D:

ANTES: 




AGORA

















Un saúdo! ;)

19 de septiembre de 2010

Modelo novo en Santo Domingo

Boas! hai ben tempo que non actualizo, e agora vou seguir facendoo con pouca frecuencia. Isto débese a que comezo 1º de Bachillerato, e creo que isto debería quedar nun segundo plano, pero tampouco esquecerme!
Déixovos un modelo que fixen hai uns días, a continuación de Santo Domingo:


Ese polígono apartado do modelo é a base do 5º edificio dese lado da Praza, que aínda non comezei, e esquecinme de que estaba alí xD. É a continuación deste modelo, que volvín facer, por esquecerme dunha pranta en cada un -.-

Espero que vos guste. Un saúdo!

7 de septiembre de 2010

50 Modelos subidos á Galería 3D pra GE!

Pois como di o título, xa subín 50 modelos xeolocalizados á Galería 3D. En realidade, teño 52, pero 2 non son reais; tamén, que por agora, 4 non os aceptaron, por non usar texturas reais, e aínda estou agardando a que acepten 11, e polo tanto teño 33 modelos en GE. Pero pronto serán máis, xa veredes ;)
Tamén, contade con que hai modelos como este ou este, nos que vou engadindo casas no propio modelo, polo que non conta pero son máis.

Un saúdo!

4 de septiembre de 2010

Modelos, modelos e máis modelos...

Levo algúns días en que as ansias de facer novos edificios poden comigo, e o resultado é este:

FRANCISCANOS

O edificio que levaba tanto traballo polo tellado e que conseguín recuperar do formateo. Non me gusta como quedou porque as texturas van moi chafalleiras pero creo que da o pego. Xa o rexeitaron dúas veces pola textura, non sei onde. Esperemos que cambien de opinión.

MAITINES

Outro que non me gusta. O edificio en sí é bonito, pero a foto é do inverno e ese ton que ten non queda ben xunto ao Seminario, no que predominan os tons amarelos. 

PRAZA MAIOR 31

Casas da Praza Maior, despois se explica porque esto e non outros máis bonitos.

EDIFICIO FÉNIX

Levaba tempo querendo facelo, e esmereime moitonos detalles e en limpalo, pola súa sinxeleza e ese vermello tan veneciano que traeme recordos desa preciosa cidade. 

ALMACÉNS SAN MARCOS

Un edificio con historia, a ampliación e o antigo pabellón da OJE nos tempos franquistas.  

Intento levar a cabo un proxecto maior co da: Mazá da Casa Consistorial, a dicir verdade, é un modelo que engloba ese e outros. Como algún xa se daría conta, quero pechar a praza. Tarea difícil, por unha parte, pero con axuda é máis doada.
    Porque quen mais, e quen, menos, fixo algún edificio alí. Actualmente, según como conto eu, fan falla 12 edificios  máis para rematala de 30 que son (contando a mazá  da Casa Constitorial como un só). Tamén hai que contar con que dous de catro lados xa están feitos, o sur e o leste. O oeste é fácil, poucas casas e máis ou menos novas, pero o lado norte é o complicado. O único que se atreveu a entrar nesas casas antigas foi Kiko López aquí, aquí e aquí.
Terei que comezalos, pronto xa que en nada comeza o curso e teño que frear un pouco a produción, tampouco de golpe, que ata pasar o San Froilán o curso non comeza ;). 
Déixovos unhas cantas capturas do conxunto. Incluída a mazá da Casa Constitorial. Tamén van nas fotos dos almacenes San Marcos





Cambiando de tema, tiven unha venada co Goolzoom inspirándome nun cadro que ten un arquitecto no estudo, que coñezo por ser compañeiro do seu fillo; 18 folios gastados, pero non é tan chafalleiro, non? Por agora está pegado na parede e con celofán pintado como marcadores, pero dentro de pouco será sobre cortiza e chinchetas. O póster é de París, regalo do meu pai.

Iso é todo por agora. Volto a seguir traballando. 

Un saúdo!

3 de septiembre de 2010

O tema da Casa Consistorial

Kiko López contactou comigo para informarme de que o modelo da Casa Consistorial 2.0 (non leva o enlace porque agora está borrado) non podía ir así. Ao parecer, púxome coma colaborador, pero só podía modificar os detalles, non o modelo. Entón, o único remedio que encontrei foi volver a subilo. Pero non lle pareceu ben (cosa que entendo, pola cal xa lle puxen remedio) e a solución que acadei foi enviarllo. Así o subirá e xa está, sen tantas lerias. Espero que todo vaia ben! ;)

2 de septiembre de 2010

Anécdotas

Pois como di o título, hoxe vou facer unha entrada de anécdotas referidas á miña experiencia en 3D.


A primeira, é de hoxe. Non é nada especial, pero foi importante para min. Ía polo centro e parei na Librería Balmes a mercar un libro (da catedral de Lugo, interese arquitectónico e artístico, máis que nada) e comenteille ao home que me cobrou o dos edificios de Google Earth e comentou que estaba feita. Claro, a frase egocéntrica da conversa non podería ser outra que "Fíxena eu".  Máis que nada, era para ver se tiñan algún problema con que estivera colgada, pero según dixeron, para nada, incluso gústalles. É a primeira vez que alguén dame as grazas por algún edificio, e é moi gratificante, porque ademais, é un acto de vontade, non pido recompensas a corto prazo (home, a largo si, que de tantos modelos que fan algúns usuarios, acaba chamando a atención do público ou empresas) Ante todo, tamén hai que saber que eu isto o fago por  motivos:

1º: Porque gústame o deseño 3D.
2º: Porque soño con ver Lugo totalmente en 3D.
3º: Porque é un hobby coas súas complicacións, pero con bos resultados.
4º: Porque quero formar parte de este importante proxecto a nivel mundial.
5º: Porque eu creo que á xente gústalle ver tamén o s edificios
6º: Porque é unha experiencia que adquiro e que pode valerme para o mundo profesional
7º: Porque inicialmente quería facer algún decorado dixital de Lugo para películas ou algo, e este era o mellor método que coñecía (de esta saíron todas as demais)

Outra anécdota, esta é a máis forte para min, pois foi un suceso un tanto traumático no momento, pero que agora é mais ben humorístico.

Os pins en cuestión
Cristóbal Pablo quedara de facer o edificio da Policía, pero nunca o daba rematado, é máis, pra min que nin o comezou   ¬¬ . Ao parecer, non atopa as fotografías. Entón díxenme: "vou eu, saco as fotos e llas paso, a ver se así avanza". E alí fun. Tras sacar unhas fotos da fachada, dous policías de incógnito viñeron a por mi, e leváronme a comisaría, facendo caso omiso das miñas explicacións (incluso levaba o portátil comigo, co SketchUp aberto coa base do modelo xeolocalizado) Tomaron os meus datos e dixéronme que non pasaba nada, pero que como apareceran nunha páxina dos independentistas violentos estes, irían por min. Unha cousa que me molestou moito foi que fixo referencia aos extremistas por levar un pin de Rammstein (un grupo de rock industrial alemán, a miña banda preferida) e un cunha estreleira (nomeo ao de Rammstein porque foi o que sinalou, na bandoleira, que a Estreleira levábaa na solapa). Aparte, era un pouco vergoñoso, que xusto fóronme pillar os de estupefacientes, así que imaxinade como me miraba a xente, sorte que son alto e aparento máis, que se non...

O peor foi que cando llo contei a Pablo, dime "Pues yo cuando fui también me preguntaron que hacía sacando fotos, le dije que era para un modelo 3D y me dijo que vale, que no había problema!"


En fin, recordei tamén, que a ver se algún día crúzome con algún compañeiro no tema do 3D e non me recoñece, sería pena, polo que deixo unha foto miña, xa que a de perfil non di moito. É a máis reciente na que saio mais ou menos ben, modifiquei un pouco a luz con Photoshop e clareei a cara, que estaba na penumbra. E desenfoquei o fondo, que sempre queda moi cool ;)

Eu, na Praza de Sto. Domingo
Ata a próxima entrada, intentari non extenderme tanto!

Novo grupo de modelos, que ven de atrás

Por fin, tras tanto tempo de traballo, esta rematado.

A mazá da Casa Consistorial de Lugo!

En primeiro lugar, quero agradecer a Kiko López Suárez que me deixara utilizar como base o seu modelo da Casa Consistorial para este novo modelo. A razón de que o volvera a facer é que aparte de que o restauraron, a parte de atrás ten varios edificios nunha zona que no antigo modelo, estaba ocupada. Vai moi mal explicado, pero creo que con estas imaxes se entende:


O delimitado en vermello son as costruccións da mazá e o patio. Vese que o modelo non coincide. Iso foi o que me impulsou a facelo de novo.

Como tivera problemas cun modelo da mazá, que non valía porque tiña que "separalo en diferentes modelos", fíxenlles caso e separei. Entón, temos 4 modelos, 4 partes.

1º: Casa Consistorial


2º: San Pedro 4 e 6


3º: San Pedro 8 e 10



4º: Pza. Ánxel Fdez. Gómez 2 e 4


(Por certo, en canto a estas últimas, levaba moito tempo agardando para facelas, e irónicamente, póñome a elo tras ler esta nova)


E todos xuntos forman a mazá (agás a Farmacia Central, que fixo tamén Kiko)

Agora déixovos unhas cantas imáxes de comparación e unhas cantas do conxunto:
ANTES


DESPOIS

CONXUNTO

E repito, moitas grazas a Kiko por prestarme o modelo, sen el, habería tardado moitísimo máis.

SketchUp 8 e noticias da Deputación

Entereime por Alsomar e Trasancos da nova, e creo que xa o saberedes, polo tanto, só deixo o enlace da descarga, que quero rematar esta entrada para poder probalo :-P

Por outra banda, rexeitaron o novo modelo da Deputación por textura incompleta, ao parecer, polo tellado. Non lles vale que lle quitara a horrible textura por defecto, agora que lle poño algo un pouco mellor, quéixanse tamén... En fin, esperemos que pra seguinte acepten, e se non , poño outro.

Subín tamén a Igrexa do Carme, na zona da Porta Miñá. Simplemente currei a fachada, e o resto, aproximado. O único que non me gusta é como quedou o campanario, porque está en tonalidades diferentes. Iso débese aos líquens e musgos que tiña, e borrei, deixáron a imaxe moi descolorida e tiven que recoloreala. O problema esta en que non conseguín atopar a tonalidade. Déixovos a imaxe e o enlace:

31 de agosto de 2010

Modelo actualizado: a Deputación Provincial

Todo o que visitara este blog, debe saber cal é este modelo. Aínda que non o vira nunca. Máis que nada, porque é o que preside a imaxe dacabeceira. A Deputación Provincial de Lugo levoume varios meses de traballo na época que o fixen (aínda andaba nos comezos) e tiña varios defectos. Hoxe correxinos, entre eles estaban:
- O tamaño: ocupaba 9,12mb, e o límite na galería 3D son 10. Esto é debido a que daquela, as imaxes iban sen reducir, e total, a calidade baixaba en Google Earth e non valía pra nada. Agora xa está solucionado, ocupa uns "escasos" 2,61mb, só por baixarlle a calidade dalgunhas texturas.

- Os balcóns laterais: Os balcóns laterais non existían no antigo modelo, sóamente na textura. Agora xa están arreglados, xa sobresaen.

- A textura do tellado: Este foi un problema que xa tentara amañar. A textura que lle puxen de proba, era unha do SketchUp, pero despois quixen poñerlle a que lle poño a tódolos meus modelos, pero non aparecía. Parece que agora sí.

- A cor do céspede: Esta nunca chegou a convencerme, pero esta creo que é mellor, todo por non poñer a de penosa calidade da imaxe de GE.

Déixovos o enlace e a vista:


Por certo, deume o error do API, despois puxo o 2º error, pero tras unha 2ª subida, xa está.

Actualizado: Grazas ao aviso de Trasancos, resubín o modelo, pero borrando o antigo. As visitas e puntuacións reiniciaronse, así como as coleccións nas que estaba. Se pasades faríades me un favor. Grazas!

20 de agosto de 2010

Novo modelo subido, outro en proceso e novas de actualizacións

Moi boas. O primeiro, notaredes un gran cambio no blog nestes últimos días. Un simple cambio das cores e a cabeceira, e dous Gadgets máis. Espero que vos guste.

En canto ao novo modelo que subín, trátase do final da rúa San Marcos, frente á Deputación. Fixen sóamente 4 edificios, un en restauración actualmente. Entereime logo de que o 1º pola esquerda restaurouno hai pouco Antonio Tort, pai dun amigo meu que tenme axudado con información, planos...
 Conto con continuar a rúa, estou bloqueado por mor de que a seguinte casa está en restauración e non podo sacar fotos, xa que está cuberta cunha tea.

Seguinte tema, o modelo en proceso.
Hoxe tiven sesión fotográfica da cidade con Cristóbal Pablo, e xa teño as fotos pra rematalo. Trátase da estación de autobuses. Un edificio feo, sucio e vello (antigo non é a palabra) pero unha das cousas polas que fago estes modelos é para que a xente poida situar os monumentos, transportes e todo o importante para o turista en Google Earth, ou sexa, que decidín facela. Só teño que facer o interior do patio e a parte da fachada cuberta. O que máis sentín deste modelo, foi a modificación do terreo, que non sei como facela ben para que as rúas circundantes non queden moi inclinadas. Déixovos unhas imaxes:



En canto ás novas, o modelo que tantas veces resubín, o dos edificios da Casa Consistorial, agora mesmo están borrados de Google Earth, á espera de ser aceptados. Dixéronme que non, pola textura, cousa que non me preocupa, pero tamén porque segundo eles, teño que "dividilo en diferentes modelos" Pero a min gustáme xunto! Entón pregúntome, tomandolle un modelo prestado a Trasancos, o da rúa da Igrexa (espero que non o tomes a mal, é solo por por un exemplo que coñecía): Por que ese si, e este non?

Que teñen de diferenza? co engadido de que alí son aínda máis edificios! Supoño que será polo detalle, xa que se comparamos, o que fixen eu está incluso demasiado detallado, a costumbre de querer que vaian perfectos... Agora empezei a remedialo, as imaxes as vou reducindo ao mínimo, así xa non ocupan case nada. Espero que o acepten pronto!

Por agora nada máis, pasade polos enlaces que deixei pola entrada, e disfrutade dos modelos dos dous compañeiros. Ata pronto!

14 de agosto de 2010

Seminario de Lugo e un modelo e medio máis

O seminario de Lugo estivo en restauración durante varios meses, e agora que xa remataron as reformas, está listo para aparecer en Google Earth! E aquí está, cunha pequena modificación do terreo para poder colocar o muro.




En canto a o modelo e medio, refírome a un modelo, que xa viña de antes, as casas da rúa San Pedro pegadas á Casa Consistorial, que xa están todas unidas, faltábame por facer o nº 8. Moi rápidos son os de Google que en 2 horas xa o rexeitaron, dicindo que hai que dividilo e que a textura está incompleto, pero a cousa era que foran todos xuntos, así que queda como está. O da textura, creo que é por unha parte blanca na parte de atrás do nº8, pero é así, xa lles enviarei unha fotografía.



E ese "medio modelo" é que comezei a pechar Santo Domingo a base de Street View, fixen dúas casas, o 2 e o 3, e deume pereza o 4 (o da tenda de Sargadelos) entre outras cousas, porque cas fotos de Street View non chega moi ben. Son os típicos bloques que así sós estropean a plaza, pero é cousa de tempo que estea pechada e xa en conxunto, non desentoan.


Ata pronto!