29 de junio de 2010

Un traballiño que surxiu

Dúas horas libres co meu ordenador, que xa teño tras 3 meses e xa fixen algo novo, un edificio xunto á casa Consistorial, a casa da rúa San Pedro 4. A que ten esa xoiería, pegada á farmacia central. Nun intento por pechar a mazá, a primeira de todo Lugo con mías de dous edificios. Déixovos a fotografía da cal fixen todo o modelo e a vista 3D. Deume un pouco de traballo polo detalle que leva, por exemplo, borrei da fotografía o balcón pra poñelo por riba como capa con transparencias. Só tiven algún problema coa proporción, sobre todo ao comparar a altura ca casa consistorial, asemella esaxerado, pero iso é cousa da casa, a real, claro.


ACTUALIZACIÓN:
O modelo agora inclúe toda a Rúa San Pedro, a parte pegada á Casa Consistorial. Próximanente, toda a mazá agás a Farmacia Central e a Casa Consistorial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario