26 de junio de 2010

Vacacións!

Ola de novo! Non, non é que abandoara o blogue, senón que non traballei co SketchUp. Agora, ao rematar as clases sen ningunha suspensa, ter de novo o meu querido PC e encontrar a páxina http://www.goolzoom.com/, púxenme a traballar en proxectos de atrás e novos. Comecei co Colexio dos Pais Franciscanos de Lugo, na Praza Maior. O tellado é un pouco complexo, por non dicir chafalleiro, pero xa está rematado. Agora só teño que ir a tomar unhas fotografías das fachadas e xa o poderei rematar. Mentres tanto, déixovos esta captura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario