31 de julio de 2010

Novo modelo, o viaducto do tren de Ourense

Como dixen aquí,  perdín moitos dos meus modelos. Pero como non estaba con moitas ganas como para repetilos, ocorreuseme facer o Viaducto do tren de Ourense. Un modelo que fixen sen texturas personalizadas, só a de Google Earth e as predeterminadas do SketchUp, xa que tampouco teño o Photoshop. Remateino en 6 horas, porque só o vin unha vez en detalle, e tiven que usar fotos do Panoramio pra orientarme, polo que tiven varios erros que correxin logo. Espero que vos guste, e anímovos a facer algún edificio de esta preciosa cidade, que ten o que se din poucos!

Unhas capturas



O viaducto
A ponte da OU-536

No hay comentarios:

Publicar un comentario