31 de agosto de 2010

Modelo actualizado: a Deputación Provincial

Todo o que visitara este blog, debe saber cal é este modelo. Aínda que non o vira nunca. Máis que nada, porque é o que preside a imaxe dacabeceira. A Deputación Provincial de Lugo levoume varios meses de traballo na época que o fixen (aínda andaba nos comezos) e tiña varios defectos. Hoxe correxinos, entre eles estaban:
- O tamaño: ocupaba 9,12mb, e o límite na galería 3D son 10. Esto é debido a que daquela, as imaxes iban sen reducir, e total, a calidade baixaba en Google Earth e non valía pra nada. Agora xa está solucionado, ocupa uns "escasos" 2,61mb, só por baixarlle a calidade dalgunhas texturas.

- Os balcóns laterais: Os balcóns laterais non existían no antigo modelo, sóamente na textura. Agora xa están arreglados, xa sobresaen.

- A textura do tellado: Este foi un problema que xa tentara amañar. A textura que lle puxen de proba, era unha do SketchUp, pero despois quixen poñerlle a que lle poño a tódolos meus modelos, pero non aparecía. Parece que agora sí.

- A cor do céspede: Esta nunca chegou a convencerme, pero esta creo que é mellor, todo por non poñer a de penosa calidade da imaxe de GE.

Déixovos o enlace e a vista:


Por certo, deume o error do API, despois puxo o 2º error, pero tras unha 2ª subida, xa está.

Actualizado: Grazas ao aviso de Trasancos, resubín o modelo, pero borrando o antigo. As visitas e puntuacións reiniciaronse, así como as coleccións nas que estaba. Se pasades faríades me un favor. Grazas!

4 comentarios:

  1. Ola Andres, deberías comprobar que o modelo que está na Galería é o que se ve na imaxe... A min pásame o mesmo co meu modelo do Castelo de San Felipe, si que cambia a imaxe na galería, pero o modelo sigue sendo o antigo. Acabo de descargar o teu modelo e creo que é o mesmo. Dime se me equivoco ou algo...

    Estamos a merced de Google meu... :-/

    ResponderEliminar
  2. Pois efectivamente, tes razón, Anxo. O modelo segue sendo o mesmo... E este xa dixen, que ven pasando dende hai tempo. Vou probar a subilo dende un arquivo diferente, a ver se así...

    Grazas de todas formas. ;)

    ResponderEliminar
  3. Andrés!, que xa arranxaron o problema ese do servidor API!!, proba agora a ver, (se non o fixeches xa)... jeje

    Un saudo ;)

    ResponderEliminar
  4. Pois xa o fixen, xa. Puxen os datos na actualización deste post, pero grazas por avisar de tódalas formas!

    Outro saúdo :)

    ResponderEliminar