20 de agosto de 2010

Novo modelo subido, outro en proceso e novas de actualizacións

Moi boas. O primeiro, notaredes un gran cambio no blog nestes últimos días. Un simple cambio das cores e a cabeceira, e dous Gadgets máis. Espero que vos guste.

En canto ao novo modelo que subín, trátase do final da rúa San Marcos, frente á Deputación. Fixen sóamente 4 edificios, un en restauración actualmente. Entereime logo de que o 1º pola esquerda restaurouno hai pouco Antonio Tort, pai dun amigo meu que tenme axudado con información, planos...
 Conto con continuar a rúa, estou bloqueado por mor de que a seguinte casa está en restauración e non podo sacar fotos, xa que está cuberta cunha tea.

Seguinte tema, o modelo en proceso.
Hoxe tiven sesión fotográfica da cidade con Cristóbal Pablo, e xa teño as fotos pra rematalo. Trátase da estación de autobuses. Un edificio feo, sucio e vello (antigo non é a palabra) pero unha das cousas polas que fago estes modelos é para que a xente poida situar os monumentos, transportes e todo o importante para o turista en Google Earth, ou sexa, que decidín facela. Só teño que facer o interior do patio e a parte da fachada cuberta. O que máis sentín deste modelo, foi a modificación do terreo, que non sei como facela ben para que as rúas circundantes non queden moi inclinadas. Déixovos unhas imaxes:



En canto ás novas, o modelo que tantas veces resubín, o dos edificios da Casa Consistorial, agora mesmo están borrados de Google Earth, á espera de ser aceptados. Dixéronme que non, pola textura, cousa que non me preocupa, pero tamén porque segundo eles, teño que "dividilo en diferentes modelos" Pero a min gustáme xunto! Entón pregúntome, tomandolle un modelo prestado a Trasancos, o da rúa da Igrexa (espero que non o tomes a mal, é solo por por un exemplo que coñecía): Por que ese si, e este non?

Que teñen de diferenza? co engadido de que alí son aínda máis edificios! Supoño que será polo detalle, xa que se comparamos, o que fixen eu está incluso demasiado detallado, a costumbre de querer que vaian perfectos... Agora empezei a remedialo, as imaxes as vou reducindo ao mínimo, así xa non ocupan case nada. Espero que o acepten pronto!

Por agora nada máis, pasade polos enlaces que deixei pola entrada, e disfrutade dos modelos dos dous compañeiros. Ata pronto!

1 comentario:

  1. Moi boas Andrés, claro que non o tomo a mal, jeje, podes facer uso como che plazca, que pa iso están ;)

    Supoño que é como ti dis e debe de ser cousa do tamaño, pero ainda así non vexo motivo para que non acepten o modelo... ás veces os revisores son un pouco quisquillosos de mais. Sorte meu!, ti sigue así, que os teus modelos son unha pasada digan o que digan os de Google, é non é peloteo. ;)

    ResponderEliminar