14 de agosto de 2010

PROXECTO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO, LUGO

Comezo unha serie de modelos no que como di o título, tentarei recrear o parque Rosalía de Castro, o máis importante da cidade de Lugo. Por agora xa está subida a 1ª parte, non sei aínda de cantas. Sóamente é o relevo da metade chá do parque, a escalinata e outra zona chá, na que aparecen as casetas do polbo (por tomar a foto en octubre, tempo do San Froilán). Calquera que coñeza un pouco o parque, decataráse de que falta o mirador, que era en principio o que ía facer, pero a modificación do terreo obrigaríame a facer o que modelei, e fartei un pouco, polo que queda para outra entrega. Tamén se decata un de que todo o muro está recuberto de hedras, pero pola dificultade que entrañaba facelas, "limpei" un pouco o parque de vexetación.

Non sei aínda a orde, nin como irán entre sí, pero en principio, tento facer o templete, o estanque dos patos, o mapa de España, o muro que separa o parque do Hospital, o mirador e a fonte. Despois, tentarei baixar cara ás costas, aínda que só sexa pra facer ben o terreo, e a zona de abaixo. O Pazo dos Deportes pénsao facer un compañeiro de clase e de traballo en SketchUp, Cristóbal Pablo Vega, que tamén ten uns cantos modelos pola cidade. Pois se todo vai ben, o último paso serán as árbores, pero iso vai ser moi complicado, xa haberá tempo ;)

Déixovos unha captura de como quedou:

Tamén a vista 3D, coma sempre, aínda que non se consegue apreciar moito, só unha gran modificación do terreo, que a meirande parte está baixo terra:

No hay comentarios:

Publicar un comentario