14 de agosto de 2010

Seminario de Lugo e un modelo e medio máis

O seminario de Lugo estivo en restauración durante varios meses, e agora que xa remataron as reformas, está listo para aparecer en Google Earth! E aquí está, cunha pequena modificación do terreo para poder colocar o muro.




En canto a o modelo e medio, refírome a un modelo, que xa viña de antes, as casas da rúa San Pedro pegadas á Casa Consistorial, que xa están todas unidas, faltábame por facer o nº 8. Moi rápidos son os de Google que en 2 horas xa o rexeitaron, dicindo que hai que dividilo e que a textura está incompleto, pero a cousa era que foran todos xuntos, así que queda como está. O da textura, creo que é por unha parte blanca na parte de atrás do nº8, pero é así, xa lles enviarei unha fotografía.



E ese "medio modelo" é que comezei a pechar Santo Domingo a base de Street View, fixen dúas casas, o 2 e o 3, e deume pereza o 4 (o da tenda de Sargadelos) entre outras cousas, porque cas fotos de Street View non chega moi ben. Son os típicos bloques que así sós estropean a plaza, pero é cousa de tempo que estea pechada e xa en conxunto, non desentoan.


Ata pronto!

2 comentarios:

  1. Que pasada de modelos!... Non te preocupes polo do reixeitamento do modelo da rua San Pedro, que si lles apretas un pouco as torcas e lles mandas algunha foto ou algo acabarán caendo da burra... :P

    ResponderEliminar
  2. Grazas! e tranquilo, non me preocupo. A dicir verdade, creo que teño uns 5 modelos aceptados á primeira, ou sexa que estou caostumado, a base de presionar, supoño que irán...

    ResponderEliminar