2 de septiembre de 2010

Anécdotas

Pois como di o título, hoxe vou facer unha entrada de anécdotas referidas á miña experiencia en 3D.


A primeira, é de hoxe. Non é nada especial, pero foi importante para min. Ía polo centro e parei na Librería Balmes a mercar un libro (da catedral de Lugo, interese arquitectónico e artístico, máis que nada) e comenteille ao home que me cobrou o dos edificios de Google Earth e comentou que estaba feita. Claro, a frase egocéntrica da conversa non podería ser outra que "Fíxena eu".  Máis que nada, era para ver se tiñan algún problema con que estivera colgada, pero según dixeron, para nada, incluso gústalles. É a primeira vez que alguén dame as grazas por algún edificio, e é moi gratificante, porque ademais, é un acto de vontade, non pido recompensas a corto prazo (home, a largo si, que de tantos modelos que fan algúns usuarios, acaba chamando a atención do público ou empresas) Ante todo, tamén hai que saber que eu isto o fago por  motivos:

1º: Porque gústame o deseño 3D.
2º: Porque soño con ver Lugo totalmente en 3D.
3º: Porque é un hobby coas súas complicacións, pero con bos resultados.
4º: Porque quero formar parte de este importante proxecto a nivel mundial.
5º: Porque eu creo que á xente gústalle ver tamén o s edificios
6º: Porque é unha experiencia que adquiro e que pode valerme para o mundo profesional
7º: Porque inicialmente quería facer algún decorado dixital de Lugo para películas ou algo, e este era o mellor método que coñecía (de esta saíron todas as demais)

Outra anécdota, esta é a máis forte para min, pois foi un suceso un tanto traumático no momento, pero que agora é mais ben humorístico.

Os pins en cuestión
Cristóbal Pablo quedara de facer o edificio da Policía, pero nunca o daba rematado, é máis, pra min que nin o comezou   ¬¬ . Ao parecer, non atopa as fotografías. Entón díxenme: "vou eu, saco as fotos e llas paso, a ver se así avanza". E alí fun. Tras sacar unhas fotos da fachada, dous policías de incógnito viñeron a por mi, e leváronme a comisaría, facendo caso omiso das miñas explicacións (incluso levaba o portátil comigo, co SketchUp aberto coa base do modelo xeolocalizado) Tomaron os meus datos e dixéronme que non pasaba nada, pero que como apareceran nunha páxina dos independentistas violentos estes, irían por min. Unha cousa que me molestou moito foi que fixo referencia aos extremistas por levar un pin de Rammstein (un grupo de rock industrial alemán, a miña banda preferida) e un cunha estreleira (nomeo ao de Rammstein porque foi o que sinalou, na bandoleira, que a Estreleira levábaa na solapa). Aparte, era un pouco vergoñoso, que xusto fóronme pillar os de estupefacientes, así que imaxinade como me miraba a xente, sorte que son alto e aparento máis, que se non...

O peor foi que cando llo contei a Pablo, dime "Pues yo cuando fui también me preguntaron que hacía sacando fotos, le dije que era para un modelo 3D y me dijo que vale, que no había problema!"


En fin, recordei tamén, que a ver se algún día crúzome con algún compañeiro no tema do 3D e non me recoñece, sería pena, polo que deixo unha foto miña, xa que a de perfil non di moito. É a máis reciente na que saio mais ou menos ben, modifiquei un pouco a luz con Photoshop e clareei a cara, que estaba na penumbra. E desenfoquei o fondo, que sempre queda moi cool ;)

Eu, na Praza de Sto. Domingo
Ata a próxima entrada, intentari non extenderme tanto!

4 comentarios:

  1. Moi boas Andrés!, o primeiro de todo, graciñas pola mención!, non sei se a merezo, xa o dixen daquela, e direino as veces que faga falta, hai xente que penso que o merece máis ca min. Ti mesmo fas un traballo boísimo, e non o digo por quedar ben. No referente ás anecdotas téñoche que dicir que comparto as motivacións que tes para andar no mundiño éste do 3D... boeno, o do decorado dixital nuca se me ocurrira, pero comparto o resto ao 100%... :)

    O da comisaría xa resulta un pouco máis triste... haiche moita paranohia entre as forzas de seguridade que cando ven según que simboloxía enseguida actúan facendo gala duns prexuicios de dunha ignorancia como unha catedral, seguro que se non levases os pins non había problema por facer unhas fotos. Menos mal que quedou nunha anecdota e agora pódese rir un, per imaxino que no momento non foi precísamente gracioso o asunto.

    A foto moi cool, cértamente... jejeje, a ver se nos atopamos algunha vez, que non estamos tan lonxe e teño algúns amigos por Lugo, non te fíes das miñas fotos na Voz, creo que son as peores que me fixeron na miña vida e non me recoñezo nin eu!!

    Un saudo!! ;)

    ResponderEliminar
  2. ... e por certo, os pins molan un rato.

    ;)

    ResponderEliminar
  3. Ola, Anxo! Pola mención, grazas a ti, que non me cobras por utilizarte de exemplo, jeje.
    En canto ao de vir a Lugo, ti avisa, que hai ganas de coñecer a os que están detrás das pantallas! Eu tamén teño amigos por Coruña e Ferrol, pero a miúdo o que se di a miúdo... non vou.

    E polas túas fotos, xa miro algo por Flickr (xa que me agregaches) que agora estame dando por usalo algo máis que o Panoramio. Xa verías algunhas fotos, e agora están xeolocalizadas...
    Nada máis, que se collo fuelle... xD

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  4. boas Andrés, son Jacobo compañeiro de salesianos. Vexo que pasou tempo sen vernos pero gúatame a túa ideoloxía penso que eres un dos poucos da nosa xeración de clase que é galeguista pero pouco a pouco fárase maior conto co teu apoio sen máis saúdos, fálame polo Tuenti ( Galego) xD

    ResponderEliminar