4 de septiembre de 2010

Modelos, modelos e máis modelos...

Levo algúns días en que as ansias de facer novos edificios poden comigo, e o resultado é este:

FRANCISCANOS

O edificio que levaba tanto traballo polo tellado e que conseguín recuperar do formateo. Non me gusta como quedou porque as texturas van moi chafalleiras pero creo que da o pego. Xa o rexeitaron dúas veces pola textura, non sei onde. Esperemos que cambien de opinión.

MAITINES

Outro que non me gusta. O edificio en sí é bonito, pero a foto é do inverno e ese ton que ten non queda ben xunto ao Seminario, no que predominan os tons amarelos. 

PRAZA MAIOR 31

Casas da Praza Maior, despois se explica porque esto e non outros máis bonitos.

EDIFICIO FÉNIX

Levaba tempo querendo facelo, e esmereime moitonos detalles e en limpalo, pola súa sinxeleza e ese vermello tan veneciano que traeme recordos desa preciosa cidade. 

ALMACÉNS SAN MARCOS

Un edificio con historia, a ampliación e o antigo pabellón da OJE nos tempos franquistas.  

Intento levar a cabo un proxecto maior co da: Mazá da Casa Consistorial, a dicir verdade, é un modelo que engloba ese e outros. Como algún xa se daría conta, quero pechar a praza. Tarea difícil, por unha parte, pero con axuda é máis doada.
    Porque quen mais, e quen, menos, fixo algún edificio alí. Actualmente, según como conto eu, fan falla 12 edificios  máis para rematala de 30 que son (contando a mazá  da Casa Constitorial como un só). Tamén hai que contar con que dous de catro lados xa están feitos, o sur e o leste. O oeste é fácil, poucas casas e máis ou menos novas, pero o lado norte é o complicado. O único que se atreveu a entrar nesas casas antigas foi Kiko López aquí, aquí e aquí.
Terei que comezalos, pronto xa que en nada comeza o curso e teño que frear un pouco a produción, tampouco de golpe, que ata pasar o San Froilán o curso non comeza ;). 
Déixovos unhas cantas capturas do conxunto. Incluída a mazá da Casa Constitorial. Tamén van nas fotos dos almacenes San Marcos





Cambiando de tema, tiven unha venada co Goolzoom inspirándome nun cadro que ten un arquitecto no estudo, que coñezo por ser compañeiro do seu fillo; 18 folios gastados, pero non é tan chafalleiro, non? Por agora está pegado na parede e con celofán pintado como marcadores, pero dentro de pouco será sobre cortiza e chinchetas. O póster é de París, regalo do meu pai.

Iso é todo por agora. Volto a seguir traballando. 

Un saúdo!

2 comentarios:

  1. Ola Andrés... os modelos son unha pasada!, se non estás moi contento coa textura do edificio do Maitines, sempre podes darlle unha volta polo Photoshop, ou intentar igualar as texturas no mesmo SketchUp si descargas o Seminario como compoñente e seleccionas alguna das súas texturas e intentar que armonicen mellor entre elas...

    ResponderEliminar
  2. Perdoa Anxo, que tiven problemas coa entrada, xa ves cal era a súa extensión orixinal... Deu problemas.
    Bueno, ese asunto xa está solucionado agora (gracias!) e por se non se ve moi ben, a última foto é un plano do centro de Lugo impreso folio a folio. 18 alí foron...

    ResponderEliminar