2 de septiembre de 2010

Novo grupo de modelos, que ven de atrás

Por fin, tras tanto tempo de traballo, esta rematado.

A mazá da Casa Consistorial de Lugo!

En primeiro lugar, quero agradecer a Kiko López Suárez que me deixara utilizar como base o seu modelo da Casa Consistorial para este novo modelo. A razón de que o volvera a facer é que aparte de que o restauraron, a parte de atrás ten varios edificios nunha zona que no antigo modelo, estaba ocupada. Vai moi mal explicado, pero creo que con estas imaxes se entende:


O delimitado en vermello son as costruccións da mazá e o patio. Vese que o modelo non coincide. Iso foi o que me impulsou a facelo de novo.

Como tivera problemas cun modelo da mazá, que non valía porque tiña que "separalo en diferentes modelos", fíxenlles caso e separei. Entón, temos 4 modelos, 4 partes.

1º: Casa Consistorial


2º: San Pedro 4 e 6


3º: San Pedro 8 e 10



4º: Pza. Ánxel Fdez. Gómez 2 e 4


(Por certo, en canto a estas últimas, levaba moito tempo agardando para facelas, e irónicamente, póñome a elo tras ler esta nova)


E todos xuntos forman a mazá (agás a Farmacia Central, que fixo tamén Kiko)

Agora déixovos unhas cantas imáxes de comparación e unhas cantas do conxunto:
ANTES


DESPOIS

CONXUNTO

E repito, moitas grazas a Kiko por prestarme o modelo, sen el, habería tardado moitísimo máis.

2 comentarios:

  1. Un magnífico e impresionante traballo Andrés!... como diría Manquiña, "profesional, muy profesional"

    ;)

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Trasancos! A verdade, tiña moitas ganas de rematalo. Levo dende hai case un ano con esa mazá. Agora como non a acepten... Bueno, terei que insistirlles.

    Non notei moita mellora co SketchUp 8 para facer estes modelos, a verdade, como moito, que ao ser o terreo en cor, distínguense mellor os detalles. Nada máis.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar