6 de octubre de 2010

Modelo actualizado: O Viaducto da Chanca

Dende hai algún tempo, o Viaducto da Chanca estaba feito, pero moi mal feito: Unha textura por defecto e mal deseñado.
Agora xa está solucionado. Realmente, non actualicei o modelo, senón que volvín facelo de cero. Creo que o resultado non é moi malo, contando con que usei unha fotografía dun día de néboa que fixen e outra (para o interior dos arcos) de Panoramio, con cores demasiado distintas, cousa notáble. O único problema que tiven foi o terreo, aínda non sei como modificalo co SketchUp 8, máis que nada por que non probei.
Agardo que vos guste, levoume unhas poucas horas e estou moi ledo da diferenza que encontras entre o vello e o novo.
Déixovos caoturas de antes e despois, e a vista 3D:

ANTES: 




AGORA

















Un saúdo! ;)

2 comentarios:

  1. Pois non está nada mal... todo o contrario, está bastante chulo. Por certo, o do terreno non temas, como nas versións anteriores, creas un novo e aplicas as texturas directamente dende a captura de GE, sen máis complicación. Probaches a engadir árbores aos teus modelos?, teño a impresión que a éste en particular quedaríanlle de vicio... ;)

    ResponderEliminar
  2. Boas!
    Grazas pola túa opinión (tanto aqui como no modelo) e pola axuda!
    En canto ás árbores, xa o pensei, pero necesito fotografialas, aparte, nesa zona son árbores moi xuntas e non sei como quedaría... En tal caso comezaría a poñer nas rúas céntricas, pero grazas polo consello ;)

    Un saúdo!

    ResponderEliminar