12 de octubre de 2010

Novos modelos!

Boas!
Hai tempo que non escribía, a pesar de ter novos modelos subidos.
O primeiro é o Colexio da Milagrosa, que xa está rematado. Na entrada anterior xa informaba de como ía, pero modifiquei moitas cousas, xa que non me gustaban. Agora xa está rematado, espero que vos guste.



Por outra banda, hoxe adiqueime a restaurar outro modelo, o que fai esquina entre a Praza do Ferrol e a Rúa San Marcos, un modelo que levaba moito en GE. O problema foi que o pintaron hai pouco, entón, por fin cambieino. Tamén fixen unha pequena do lado.



Agora que rematou o San Froilán, o meu tempo libre verase reducido, espero ter tempo algunha vez para traballar un pouquiño, xa que me gustaría rematar esa mazá, onde está o Centro de Especilalidades Médicas, e 2 casas, unha grande, de estilo racionalista e outra tipo mole.


Por certo, en canto a este modelo, non sei que lle pasa, a perspectiva está algo mal, é como un gran angular, un pouco incómodo para traballar, pero non sei como solucionalo, se sabedes... Vese claramente na imaxe, está moi distorsionada. Grazas!

Un saúdo ;)


Actualizo: Grazas a Trasancos, que me contou como solucionalo, e agora xa está.

2 comentarios:

  1. Boas Andres!, moi chulos os modelos. Para solucionar o da pespectiva so tes que variar o ángulo de visión no menú "cámara" ou nas ferramentas de zoom. Si abres o menú tes a opción de "ángulo de visión" o "field of view" se tes o sketchUp en inglés. Se o seleccionas podes variar a profundidade de campo visual manualmente co rato ou introducir os valores en grados co teclado numérico. O predeterminado de SketchUp son 35º.

    Espero que así se solucione.

    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Anxo! Xa solucionei o da perspectiva, era iso, efectivamente ^^.

    ResponderEliminar