13 de octubre de 2010

O Modelador 3D de edificios pra Google Earth

Esta entrada é pra informar sobre os usos do Modelador 3D, unha ferramenta gratuita que pode usarse sen instalar no PC.

O M3D apareceu a mediados do 2009, e é a ferramente que Google utilizaba pra crear bloques de casas de forma rápida e sinxela. Só se sabía que usaban un método semiautomático. Feito público, comezouse a usar en EEUU (coma sempre) pero foise estendendo a outros lugares.

Consiste en crear prismas a modo de bloques e tellados, sobre unha fotografía aérea cun ángulo de inclinación suficiente para verse a fachada. Hai disponibles 6 vistas por edificio, alomenos (4 das fachadas, unha dende arriba e outra alternativa). O método é difícil explicalo por escrito sen liarse, polo que podedes ver este video e aforrades moito:


Por agora, está disponible nunhas cantas cidades, e cada vez en máis. Por exemplo, en España están disponibles Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia. Tamén hai algunhas cidades europeas máis (Londres, París e Roma non, cousa que me sorprendeu) e déixovos algún video tamén, de cidades completas:

MADRID



VENECIA



Este sistema é moi efectivo para rematar rápidamente as cidades, xa que é moi rápido, pero ten desvantaxes:
  •  A calidade dos modelos redúcese notáblemente, dende arriba da o pego, pero non se pode comparar co traballo de SketchUp, aínda que hai algúns usuarios que consegue uns traballos, dunha calidade, case igual.
  • Os modelos teñen algunhas carencias, como a cantidade de polígonos,  moi baixa, carga antes, pero menos detalle. Aínda que se se quere gastar algo máis de tempo, agora pódese importar a SketchUp, coma no exemplo do enlace anterior.
  • Só está disponible en unhas poucas cidades, e agora mesmo están comezando a poñelo en Sudamérica, polo que dudo que chegue a Galiza ata dentro dalgún tempo, estas cousas van lentas...
  • As texturas adoitan ir mais ou menos mal, por exemplo:   As árbores que hai ao redor, provocan ese erro. Nas cidades, dúas casas que estean xuntas, pero que unha non aparezca (non está feita, quitámola para ver mellor, etc) deixarán ver na fachada lateral o tellado da do lado.
Por outra parte, teño a miña propia opinión: Paréceme moi ben que o habilitaran para o uso público, e espero que sigan así ata acadar todo o mundo, pero iso non quita de que dexenera as cidades. Eu imaxino Lugo así, e penso: Axudará moito a rematalo, pero nos barrios exteriores, á muralla alomenos. O centro histórico paréceme suficientemente bonito, importante ou se lle queira chamar como para facelo nesa calidade. Merece ser feito no SketchUp, aínda que axudaría moito para, por exemplo, a parte de atrás das casas. Só por dar un exemplo,  A rúa San Marcos, na que estou traballando, ten unhas casas preciosas, e sería un erro facela co M3D, pero a parte de atrás das casas podería facerse sen problema algún, é máis, facilitaría o traballo, pero as fachadas, alomenos, facelas ben. Podedes velo aquí, na vista 3D; a fachada está traballada, e para facer a parte de atrás, copiei as fiestras do Cuartel de San Fernando.



Un modelos que para min, destrozouse por non facerse co SketchUp: Santa María Novella, en Florencia. Non a atopo na Galería 3D porque está feita noo M3D, pero podédela buscar e ver o mal que queda.

Nada máis, isto era só pra informarvos se non coñecedes ben a ferramenta e fíxeno polo meu profesor de debuxo técnico, ao que lle prometín algo de información :)

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario