7 de octubre de 2010

O tablón de abaixo á esquerda, e novo modelo.

Só actualizo pra recordarvos que tedes unha ventá de conversa abaixo á esquerda, na columna. Gustaríame que comentedes con erros dos modelos, suxerencias, novas que poderían interesarme, propostas pra novos edificios, etc.

Xa que a xente non está moi afeita a comentar (agás Trasancos, que comenta en case todos xD), alomenos que sexa máis sinxelo. En caso de que faga falta máis espazo se ten éxito, colocareina na columna central, abaixo de todo, haberá que desplazarse más, pero verase máis claro.

Creo que só tedes que darlle click e como iniciar sesión, sempre que teñades conta, e xa está!

Xa que estou aqui, aproveito pra deixar unha captura dun modelo que pronto rematarei, un edificio que tiña "a medias" (a Igrexa xa estaba feita)...
Respecto a este edificio (actualmente o Colexio da Milagrosa, creo) teño que dicir, que pra min, sobraban os 3 últimos pisos (hai outro máis que non se ve nesa foto).

 Por outra banda, quedei con Cristóbal Pablo de facer a Rúa Nova, alomenos o tramo dende Montevideo ata a Praza da Soidade (ata o Museo Provincial). É só un proxecto, pero tentarémolo levar a cabo. Repartímolo de esta forma: Pablo o lado este e eu o oeste.

Nada máis, un saúdo ;)

1 comentario:

  1. Estou de acordo en que lle sobran plantas. Se cadra eu iría máis aló e diría que sobra todo o edificio. A igrexa de San Froilán quedaría moito mellor illada e o edificio do colexio non lle fai nada ben nin pola súa escala nin por estar pegado á ela, que foi proxectada e construida para estar illada.

    ResponderEliminar