31 de octubre de 2010

Restaurada Igrexa do Carme

Boas! Este modelo nunca rematou de convencerme. O campanario tiña dous tonos distintos á fachada e entre eles, non quedaba ben. Aparte, tiña un error na base deste, xa que entrevíase na fachada. As escadas estaban mal colocadas, e a altura total tamén. Pero sobre todo, o campanario era cutre e feo.
Agora, creo que non ^^.

Ten unha completa transformación do campanario, dos detalles, o tellado e parte da fachada. Probei un novo método que resultou ser bo. O campanario estaba formado por 4 imaxes entrecruzadas en formato .PNG e a "cúpula" por dúas en "X". Fíxeno en 3D todo, contando con que os polígonos non ocupen máis que as imaxes. Resultou.O modelo pasou de 1,13mb a 0,98mb. Non é moito, pero contando con que o detalle do modelo aumentou moito, vale a pena. Probei unha modificación no tellado que poño por defecto agora mesmo, e non foi moi alá. Vouna deixar, pero non farei iso en próximos modelos, costa un tempo e non paga a pena. Agora déixovos as capturas comparando, explicando un pouco debaixo:


Vista xeral do vello e o novo: Comparade a altura á que está, referenciada polas escadas. No 1º ían mal. Tiven que elevar un pouco todo o modelo para corrixilo.




Aquí podemos comparar o detalle da esquina. No vello eran dúas imaxes en "X", agora é unha reproducción 3D máis ou menos exacta.



O campanario e o tellado: aquí podedes comparalo. Creo que non é necesaria unha descripción.

O enlace e a vista:


E isto é todo, espero facer algo novo pronto. Un saúdo! ;)

6 comentarios:

  1. Impresionante Andrés.... todo un profesional!, :D, non fai falta dicir que mellorou exponencialmente e iso que o modelo xa molaba abondo... jeje :P

    Saudiños dende a costa atlántica! ;)

    ResponderEliminar
  2. Mucho mejor!
    Pienso que cada elemento arquitectónico debe modelarse. Ademas los Png,s pesan mucho.
    Solo debes tener en cuenta que el límite de caras es de 2500+- (si te pasas el primer proceso automático te rechaza el modelo)
    off topic: tenias razón con la Nova, estaba inclinada. Corregido.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas aos dous!

    E Kico, en canto ao límite de caras, sobrepásoo por 37, pero non dixeron nada. Son cousas a ter en conta no próximo, tanto o peso dos PNGs como o número de polígonos. Grazas tamén pola información ;)

    E en canto á Nova, fixárame hai tempo, sorte que agora xa está, viva a colaboración entre modeladores! ^^

    ResponderEliminar
  4. Muy buena mejora!!!
    Saludos, :o)
    Auquicu

    ResponderEliminar
  5. Como mola, moito curras, espero que sexa así con todo...

    ResponderEliminar