21 de noviembre de 2010

Galiciencia 2010

Por fin teño un ratiño libre, e vouno aproveitar contándovos ese proxecto: Vou (mellor dito, volvo) a Galiciencia a ensinar os "Monumentos galegos en 3D", un viaxe tridimensional por Galiza, vendo os monumentos desta. Usarei Google Earth, onde grazas a moitos de vos podemos atopalos. O meu plan é facer un pequeno percorrido por cada cidade, aínda que Ourense, Vigo e Pontevedra non teñen nada prácticamente. Estas dúas últimas, creo que omitireinas. Ourense non podo, que a feira é alí, no polígono de San Cibrao das Viñas, máis concretamente en Tecnópole. O maior recorrido será por Lugo e Ferrol, despois un pouco Santiago, algo de Coruña e algún sitio solto (p. ex Carnota, co Hórreo, A central das Pontes...) Polo tanto, os que máis publicidade gratuíta recibiredes seredes Trasancos, Kico López e eu entre algún outro ;) Espero que non os pareza mal, entendo que se está ahí, será para compartilo.

Por se queredes dar unha volta, será nunha carpa frente ao edificio central de Tecnópole (San Cibrao das Viñas) do 24 ao 26 de novembro (de mércores a venres) de 10:00 a 13:00 horas e de de 15:00 a 18:00 horas de la tarde; excepto o venres, que será só pola mañá.


E a todo isto, os de Google están de vacacións ou que? Levo pra que me acepten uns modelos semanas, igual que Pablo Vega, e isto venme moi mal -.-

Un saúdo!

2 comentarios:

  1. Óstras Andrés!, como mola!. Pois porque me pilla un pouco a desmán e ademáis é no medio da semana, se non seguro que me pasaba a dar unha voltiña. Claro que non me parece mal, todo o contrario, é todo un honor!... :)

    Respecto ao das vacacións, non vas moi descaminado:
    http://www.argentinaenge.com.ar/2010/11/no-habra-nuevos-edificios-navidad-ano.html
    Aínda que supostamente todavía debería funcionar... non sei, igual o están tomando con adianto o tema!... :-/

    Saúdos! ;)

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola info da navidad, é extraño porque xa levan algunhas semanas, e aínda falta pra o 16 de decembro... a cousa é que non publican, pero xa estou vendo un boom de edificios o día 5...

    E que non virías o veo lóxico, que é atravesar Galiza. Supoño que sairei no periódico local como o ano pasado entre outros, e colgarei algunha fotografía aquí para que vexades.

    Un saúdo! ;)

    ResponderEliminar