22 de noviembre de 2010

Nova colección cos meus modelos e imaxes

Boas de novo! Xa que estaba organizando todo isto, aproveitei pra crear unha colección cos meus modelos, como tedes moitos de vós. Alí poderedes ver todos os meus modelos xeoposicionados sen morralla, e de paso, déixovos as imaxes da colección e o logotipo:



 Este é o logotipo, a dobre A. É un símbolo que adoptei fai anos, por ser Andrés Armesto (as dúas comezan  por "A") e así simplificábase (vese tamén na cabeceira, que non pon AArmesto, senón Armesto) Aquí só lle puxen un degradado por detrás e o símbolo de GE polo medio, pra que quede bonito. Aínda que os tons azuis non son os meus, tiro máis ao negro ou vermello (na clasificación dos xeomodeladores de Lugo, da que un día falarei, eu son o vermello). De todas formas, así recordame un pouco ao novo deseño do blog de Trasancos...

En canto á imaxe da colección, é un simple montaxe coa anterior, o Pazo de San Marcos, que é a miña obra mestra dentro do meu nivel de entón, e que xa que preside o blog, pois tamén a colección. Pensei en poñer a Casa Consistorial, pero xa a ten Kico na súa colección de Lugo. Tamén unhas letras en Agency B, creo recordar, unha letra de trazo simple que me gusta, e coa que creo que irá a nova cabeceira cando remodele o blog, dentro de moi pouco (nada importante, poñer un fondo simple, actualiza-la cabeceira e tal vez algunha cor por ahí)


E despois de todo este texto, a dirección da colección, que podedes puntuar como xa fixo Trasancos, adiantándose aos post ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario