21 de noviembre de 2010

Novos modelos!

Boas! Aínda que o problema que teño polo cal non podo subir modelos nin baixar terreos non debería, uso outro PC pra poder colgalos na Galería 3D. Entón, aquí tedes os meus novos modelos (un deles é restaurado)

O IES Xoán Montes: É o meu instituto, agora mesmo non dispoño de moita información del, pero compártoa con vós: Foi deseñado por Eloy Maquieira. De estilo racionalista, comezouse no 1934 e non rematou ata o 48, pola guerra. Foi un instituto de Formación Porfesional até o 72, que se transformou no Instituto Mixto, o primeiro de Lugo deste tipo. Despois, acabou sendo o instituto onde estou estudando.



Praza Maior 8: é unha casa da que tampouco coñezo moito, está no Cantón, esa zona da Praza, coas súas míticas terraciñas. De estilo racionalista, houbo algúnha queixa ao principio pola súa altura, 2 andares maior ca das construcciones anteriores (ao lado hai outra parecida, que farei máis adiante)




E por último, reformei o templete da Praza Maior. Agora é moito máis realista, xa que ese foi dos meus primeiros modelos.



Nada máis, espero que vos guste todo!

3 comentarios:

  1. Unha pasada Andrés!... o instituto é simplemente perfecto!, vou ter que cambiarte o sitio de nominado a supermodelador, que os teus modelos son cada vez mellores e non teñen nada que envidiar aos de calquera outro... jeje 5 estrellazas gordas que te levas! ;)

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Anxo! Tampouco te pases, que tí mereces máis esa distinción ;)

    Agora alédome de non telo feito cando pensaba, non tería este resultado, sería moito peor, por sorte teño máis experiencia!

    ResponderEliminar
  3. Moi boa a representación do I.E.S. Xoán Montes. Noraboa.
    Se cadra na pequena lembranza da súa historia faltaría mencionar ó arquitecto Santiago Catalán que foi quen fixo o proxecto de reforma do edificio no ano 1998. Fundamentalmente foi unha reforma (moi respectuosa co orixinal) dos espazos interiores e un engadido da rampa de acceso exterior.
    Unha aperta.
    Senén Olano

    ResponderEliminar