14 de noviembre de 2010

Problemas. Axuda, modeladores!

Boas!
Teño dous problemas pra os que non atopei solución aínda, un grave e outro non tanto.

O primeiro: O sketchUp non abre ningunha ventá! Iso significa que nin galería 3D, nin xeolocalización, e probablemente outras cantas cousas máis. Teño a versión 8.0, en Pro pirata, aínda que xa quitei a licencia e instalei o normal por ver se ía, pero non. Surxiu despois de que o PC estropeárase e borrara algo dese programa e dalgún outro, pero tras reinstalalo, funcionou, aínda que iso non. Non podo traballar así, e venme moi mal agora, xa que teño un proxecto importante ao que lle dedicarei outro blog, e que involúcravos a varios de vós! (adiántovos que vou a unha feira de ciencia e tecnoloxía)

O outro problema, é menor. Cóntovos:

Teño como modelo medio abandoado a Praza Maior. pero non os edificios, senón a propia praza. O meu problema son as árbores. É unha especie non moi común e non recordo cal, pero o problema é que quero facelas en 3D, de forma que non ocupen moito e sexan realistas. Con outras, podo poñer dóu PNGs en cruz e listo, pero estas.... non.

Hai dous tipos, principalmente, podédelas ver nestas fotografías:




Se sabedes algunha solución, pra ambos, por comentario no post. E para o das árbores, se algúen coñece algunha forma, e quere facelo, mañá pasarei con sorte pola praza e tomarei algunha fotografía. Colgareinas en Panoramio, non en Flickr, que é onde subo as fotos normaliñas ou pra estas cousas e poderedes mandar os modelos por mail ( aarmesto.cor@gmail.com ) ou subilos na vosa galería, se tedes modelos de árbores. Iso é cousa vosa!

Nada máis, espero as vosas respostas, e grazas por adiantado! ;)

4 comentarios:

  1. Boas Andrés,... cousa rara o do SketchUp, non sei que lle pode pasar. Pode ser que se borrase algún arquivo de sistema ou algo cando se estropeou o ordenador. Realmente non teño nin idea. Ao mellor vaiche tocar facer formateo e reinstalación de todo, é un engorro así que mellor espera a ver se a alguén se lle ocorre algunha idea mellor.

    En canto ás árbores igual podo botarche unha man se queres. :)

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Anxo. O das árbores, xa dixen, mañá intento ir sacar algunha foto, faríasme un favor, en serio ^^

    ResponderEliminar
  3. Que SO usas?
    Si tienes win7 busca en C:\users\tu nombrede usuario\appdata (el mio está en ingles, quizá debas traducir esto por datos de programa)\roaming\google\google sketchup 8\session.dat
    Elimina ese archivo y arranca sketchup.

    En cuanto al tema de los arboles, no debo de hablar del tema pero te sugiero que esperes un poco. Soplan aires frescos desde Boulder CO...;)

    ResponderEliminar
  4. Busqueino (Teño o XP, pero non hai problema), elimineino pero segue igual. Agora que estiven mirando, non me expliquei ben: As ventás abren, si, pero quédanse en branco. Grazas de todas formas, vou probar cun programa que me recomendou un compañeiro.
    En canto ás árbores, teño as fotografías, e vounas poñer en Panoramio igualmente, total, non me custa; e xa me explicarás o de Boulder CO...

    Grazas!

    ResponderEliminar