7 de diciembre de 2010

Deputación 3.0

Boas!
Como xa saberedes, a Deputación é un modelo con moita importancia pra min, no mundo do 3D. Decidín borrar toda a morrala en PNG e facela ben. E este é o resultado:




Un modelo con moito detalle (a todo isto, en total ten unhas 8000 caras, pero case todas de compoñentes copiados e pegados, aceptarono na Galería, a ver se agora tamén a GE) Costoume unhas horiñas, pero creo que pagou a pena.

Tamén propúxenme facer o mesmo ca Casa Consistorial, pero ao final rematei facendo un modelo superdetallado da torre, a partires dunha fotografía...

Non vou subila (ten unhas 25000 caras) pero comparto estas imaxes con vós. Supoño que en navidades fareino en serio, e renovarei a Casa Consistorial. Estou con ganas de restaurar os meus modelos. Iso significa que durante un tempo, só mellorarei os que teño (sempre pode darme unha venada e facer algún) agás un que debo aos colegas de Tecnópole e que xa vai avanzado, informaréivos ;)

O reloxo. Ata os números teñen relevo.

Mellor vela en tamaño orixinal!
Tamén que a Rúa San Marcos é candidata a seguir sendo modelada, xa que a casa que bloqueábame (tiña a fachada cuberta por reforma) está rematada. Seguirei cando teña tempo.

Remato cos exames o 14, contade con que non haberá tanta actividade estes días. Desexádeme sorte!

Nada máis, un saúdo! ;)

5 comentarios:

  1. LO ÚNICO QUE PUEDO COMENTAR ES QUE MUCHA SUERTE CON LOS EXÁMENES.
    UN SALUDOOO

    ResponderEliminar
  2. Pois moitas grazasm Marta! Sorte a ti tamén!
    E non fales en maiúsculas, interprétase como que estás berrando ;)

    ResponderEliminar
  3. Unha pasada a torre do concello!!!... :-O

    Moita sorte cos exames!!! ;)

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, Anxo! O do concello, é ter a textura, e as proporcións, o resto sae só ;)

    ResponderEliminar
  5. Xa sabes que me encanta iste modelo!!! De entre todos é o meu absoluto favorito, e mira que estiven mirando por aca uns cuantos... e bueno... pois... felicitarte por todo o teu traballo e animarte a contiuar que e o que toca!

    (e a ver se adiviñas quen son, tes seis pistas nesta mensaxe =))

    ResponderEliminar