1 de diciembre de 2010

Galiciencia 2010 Resumo

Boas!
Xa estou en casa, descansei, desfixen a maleta... Xa podo contarvos como foi todo isto.
A exposición, foi moi ben, deixando a un lado que estaba mal da gorxa e aínda por enriba quedei afónico o 1º día. A exposición que seguín ven sendo:
"Boas. Coñeces Google Earth? Os edificios 3D? Ben, pois en Galiza hai moitos modeladores, pero por número de edificios nas cidades, somos uns 3: Trasancos, de Ferrol; Wysywyg, de Lugo, e AArmesto, que son eu, tamén de Lugo. O método de creación de edificios é..."

E así durante unhas 10 horas, de dúas en dúas, non fora ser que cansáramos. O truco estaba en poñer mala cara para que os pequenos non se acercaran moito, xa que non entendían; pero os adultos ou os crecidos viñan, e entendían.
Entón, ao final o balance foi: Difusión dos blogs e dos modelos, unha entrevista en La Región, ao mellor outra grazas a contactos en Ribadeo...

Non está mal, creo eu, aparte de que a experiencia non ten prezo (era gratis) coñecín a moita xente, reencontreime con vellos amigos e dinme a coñecer.

Déixovos as fotos, que supoño que quereredes ver o cutrestand de Galiciencia, outra vez patrocinado por min xD



Por certo, Trasancos e Wysygyg poderedes ver os vosos nomes se aumentades.

E por certo, estou restaurando a Deputación Provincial, xa contarei máis na próxima entrada, creo que vai pra largo ;)

Tamén, que xa que vai tardar, podo recordarvos o meu problemiña coas árbores na Praza Maior... só o digo...

Un saúdo!

3 comentarios:

  1. Coido que sí irá adiante, xa me dixeron que contactarían contigo.

    ResponderEliminar
  2. Home, por fin as fotos!... :D
    Graciñas pola publicidade e iso! jeje, mola. O do stand, no te preocupes pola cutrez, que tampouco está tan mal, outros empezaron nun garaxe e non lles foi tan mal, o importante é o que ensinas e o que conseguiches coa experiencia non?. Eso si, os carteis para a proxima cúrraos un pouco home!... ;P

    P.d: Xa que google non quere, axudareite coas árbores entón. ;)

    ResponderEliminar
  3. Grazas, Anxo, que ben que tomes ti a iniciativa cas árbores xD

    E os carteis... gasteime co dos do lado, e fun alí sen nada, escribin iso, e ben se entendía. Se volvo, tranquilo, que os carteis irán ben feitos ;)

    E grazas, Antonio, espero a súa chamada, a ver se non tardan...

    ResponderEliminar