31 de mayo de 2010

Palco da Música ou Templete da Praza Maior, Lugo

Un modelo sinxelo, simétrico, con moitas transparencias. O templete da Praza Maior xa está en Google Earth, aínda que ao mellor elévoo porque estou tentando facer toda a praza. En canto faga os bancos e as árbores, xa estará todo feito.

Estatua de Santo Domingo, Lugo

Un modelo que xa leva tempo colgado (sendo sinceiros, foi dos primeiros da cidade) que actualicei fai relativamente pouco, pola baixa calidade do modelo, pois comezaba a subir a Google Earth. Vai un pouco chafalleira na súa parte máis alta, e a escultura da águia non está ben feita, só nunha vista. Por agora, da o pego...

Novo comezo?

Xa van blogs dabondo que quedaron en nada. Este dedicareillo ás creacións de Google SketchUp para Google Earth. As miñas e algunha especial dalgún compañeiro nisto, Un saúdo, e que dure!