31 de julio de 2010

Novo modelo, o viaducto do tren de Ourense

Como dixen aquí,  perdín moitos dos meus modelos. Pero como non estaba con moitas ganas como para repetilos, ocorreuseme facer o Viaducto do tren de Ourense. Un modelo que fixen sen texturas personalizadas, só a de Google Earth e as predeterminadas do SketchUp, xa que tampouco teño o Photoshop. Remateino en 6 horas, porque só o vin unha vez en detalle, e tiven que usar fotos do Panoramio pra orientarme, polo que tiven varios erros que correxin logo. Espero que vos guste, e anímovos a facer algún edificio de esta preciosa cidade, que ten o que se din poucos!

Unhas capturas



O viaducto
A ponte da OU-536

Un problema

Debido a un problema co Windows, tiven que formatear sen gardar os datos e perdín todos os proxectos. Os mais importantes eran o Franciscanos, o museo, o maitines e a mazá da casa consistorial completa. Comezareinos de novo en canto poida.

16 de julio de 2010

Dous modelos máis

Hoxe aproveiteio bo día na cidade para tomar unhas cantas fotografías aos edificios que teño pensado facer. Primeiro, rematei o nº 1 da rúa Montevideo, e ocorreuseme modelar o colexio da Milagrosa, pero preferín rematalo antes e só fixen a igrexa de San Froilán, o edificio adxunto. Déixovos unhas capturas.


Tamén as vistas en 3D:

14 de julio de 2010

Dous modelos de Santo Domingo

Comezei a face-lo edificio da Mutua gallega, e ao rematalo, deume por facer toda a decoración da praza. Unhas capturas:

Rematado vello modelo

Comezeino hai dous anos, e abandoeino durante todo este tempo, pero xa está rematado. é unha dos 4 bloques de Catasol, de 10, 7 e 5 pisos. Esta é das dúas de 7, e espero facer próximamente as outras. O enlace aquí.



Novo modelo

Xa sei que na anterior entrada tiña varios modelos por facer, pero da Fonte da Praza de Avilés tiña fotos boas e aproveitei a facelo nunha hora. Déixovos a vista 3D, e espero que pronto o poidades ver en Google Earth.
Un saúdo!


13 de julio de 2010

Outra vez co ordenador... ... e novos proxectos


Por fin parece que está o PC arreglado, e comezarei a facer novos modelos de inmediato. Déixovos un adelanto dos que teño comezados dende hai tempo:
 
Carril de Catasol


Convento de Santo Domingo


Unha casa de Dona Urraca


O edificio do Maitines


Rúa Montevideo 1


Casa de Manuel Murguía


IES Xoán montes

Isto é todo, o resto, só teño as fotografías.
Un saúdo!