31 de agosto de 2010

Modelo actualizado: a Deputación Provincial

Todo o que visitara este blog, debe saber cal é este modelo. Aínda que non o vira nunca. Máis que nada, porque é o que preside a imaxe dacabeceira. A Deputación Provincial de Lugo levoume varios meses de traballo na época que o fixen (aínda andaba nos comezos) e tiña varios defectos. Hoxe correxinos, entre eles estaban:
- O tamaño: ocupaba 9,12mb, e o límite na galería 3D son 10. Esto é debido a que daquela, as imaxes iban sen reducir, e total, a calidade baixaba en Google Earth e non valía pra nada. Agora xa está solucionado, ocupa uns "escasos" 2,61mb, só por baixarlle a calidade dalgunhas texturas.

- Os balcóns laterais: Os balcóns laterais non existían no antigo modelo, sóamente na textura. Agora xa están arreglados, xa sobresaen.

- A textura do tellado: Este foi un problema que xa tentara amañar. A textura que lle puxen de proba, era unha do SketchUp, pero despois quixen poñerlle a que lle poño a tódolos meus modelos, pero non aparecía. Parece que agora sí.

- A cor do céspede: Esta nunca chegou a convencerme, pero esta creo que é mellor, todo por non poñer a de penosa calidade da imaxe de GE.

Déixovos o enlace e a vista:


Por certo, deume o error do API, despois puxo o 2º error, pero tras unha 2ª subida, xa está.

Actualizado: Grazas ao aviso de Trasancos, resubín o modelo, pero borrando o antigo. As visitas e puntuacións reiniciaronse, así como as coleccións nas que estaba. Se pasades faríades me un favor. Grazas!

20 de agosto de 2010

Novo modelo subido, outro en proceso e novas de actualizacións

Moi boas. O primeiro, notaredes un gran cambio no blog nestes últimos días. Un simple cambio das cores e a cabeceira, e dous Gadgets máis. Espero que vos guste.

En canto ao novo modelo que subín, trátase do final da rúa San Marcos, frente á Deputación. Fixen sóamente 4 edificios, un en restauración actualmente. Entereime logo de que o 1º pola esquerda restaurouno hai pouco Antonio Tort, pai dun amigo meu que tenme axudado con información, planos...
 Conto con continuar a rúa, estou bloqueado por mor de que a seguinte casa está en restauración e non podo sacar fotos, xa que está cuberta cunha tea.

Seguinte tema, o modelo en proceso.
Hoxe tiven sesión fotográfica da cidade con Cristóbal Pablo, e xa teño as fotos pra rematalo. Trátase da estación de autobuses. Un edificio feo, sucio e vello (antigo non é a palabra) pero unha das cousas polas que fago estes modelos é para que a xente poida situar os monumentos, transportes e todo o importante para o turista en Google Earth, ou sexa, que decidín facela. Só teño que facer o interior do patio e a parte da fachada cuberta. O que máis sentín deste modelo, foi a modificación do terreo, que non sei como facela ben para que as rúas circundantes non queden moi inclinadas. Déixovos unhas imaxes:



En canto ás novas, o modelo que tantas veces resubín, o dos edificios da Casa Consistorial, agora mesmo están borrados de Google Earth, á espera de ser aceptados. Dixéronme que non, pola textura, cousa que non me preocupa, pero tamén porque segundo eles, teño que "dividilo en diferentes modelos" Pero a min gustáme xunto! Entón pregúntome, tomandolle un modelo prestado a Trasancos, o da rúa da Igrexa (espero que non o tomes a mal, é solo por por un exemplo que coñecía): Por que ese si, e este non?

Que teñen de diferenza? co engadido de que alí son aínda máis edificios! Supoño que será polo detalle, xa que se comparamos, o que fixen eu está incluso demasiado detallado, a costumbre de querer que vaian perfectos... Agora empezei a remedialo, as imaxes as vou reducindo ao mínimo, así xa non ocupan case nada. Espero que o acepten pronto!

Por agora nada máis, pasade polos enlaces que deixei pola entrada, e disfrutade dos modelos dos dous compañeiros. Ata pronto!

14 de agosto de 2010

Seminario de Lugo e un modelo e medio máis

O seminario de Lugo estivo en restauración durante varios meses, e agora que xa remataron as reformas, está listo para aparecer en Google Earth! E aquí está, cunha pequena modificación do terreo para poder colocar o muro.




En canto a o modelo e medio, refírome a un modelo, que xa viña de antes, as casas da rúa San Pedro pegadas á Casa Consistorial, que xa están todas unidas, faltábame por facer o nº 8. Moi rápidos son os de Google que en 2 horas xa o rexeitaron, dicindo que hai que dividilo e que a textura está incompleto, pero a cousa era que foran todos xuntos, así que queda como está. O da textura, creo que é por unha parte blanca na parte de atrás do nº8, pero é así, xa lles enviarei unha fotografía.



E ese "medio modelo" é que comezei a pechar Santo Domingo a base de Street View, fixen dúas casas, o 2 e o 3, e deume pereza o 4 (o da tenda de Sargadelos) entre outras cousas, porque cas fotos de Street View non chega moi ben. Son os típicos bloques que así sós estropean a plaza, pero é cousa de tempo que estea pechada e xa en conxunto, non desentoan.


Ata pronto!

PROXECTO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO, LUGO

Comezo unha serie de modelos no que como di o título, tentarei recrear o parque Rosalía de Castro, o máis importante da cidade de Lugo. Por agora xa está subida a 1ª parte, non sei aínda de cantas. Sóamente é o relevo da metade chá do parque, a escalinata e outra zona chá, na que aparecen as casetas do polbo (por tomar a foto en octubre, tempo do San Froilán). Calquera que coñeza un pouco o parque, decataráse de que falta o mirador, que era en principio o que ía facer, pero a modificación do terreo obrigaríame a facer o que modelei, e fartei un pouco, polo que queda para outra entrega. Tamén se decata un de que todo o muro está recuberto de hedras, pero pola dificultade que entrañaba facelas, "limpei" un pouco o parque de vexetación.

Non sei aínda a orde, nin como irán entre sí, pero en principio, tento facer o templete, o estanque dos patos, o mapa de España, o muro que separa o parque do Hospital, o mirador e a fonte. Despois, tentarei baixar cara ás costas, aínda que só sexa pra facer ben o terreo, e a zona de abaixo. O Pazo dos Deportes pénsao facer un compañeiro de clase e de traballo en SketchUp, Cristóbal Pablo Vega, que tamén ten uns cantos modelos pola cidade. Pois se todo vai ben, o último paso serán as árbores, pero iso vai ser moi complicado, xa haberá tempo ;)

Déixovos unha captura de como quedou:

Tamén a vista 3D, coma sempre, aínda que non se consegue apreciar moito, só unha gran modificación do terreo, que a meirande parte está baixo terra: