19 de septiembre de 2010

Modelo novo en Santo Domingo

Boas! hai ben tempo que non actualizo, e agora vou seguir facendoo con pouca frecuencia. Isto débese a que comezo 1º de Bachillerato, e creo que isto debería quedar nun segundo plano, pero tampouco esquecerme!
Déixovos un modelo que fixen hai uns días, a continuación de Santo Domingo:


Ese polígono apartado do modelo é a base do 5º edificio dese lado da Praza, que aínda non comezei, e esquecinme de que estaba alí xD. É a continuación deste modelo, que volvín facer, por esquecerme dunha pranta en cada un -.-

Espero que vos guste. Un saúdo!

7 de septiembre de 2010

50 Modelos subidos á Galería 3D pra GE!

Pois como di o título, xa subín 50 modelos xeolocalizados á Galería 3D. En realidade, teño 52, pero 2 non son reais; tamén, que por agora, 4 non os aceptaron, por non usar texturas reais, e aínda estou agardando a que acepten 11, e polo tanto teño 33 modelos en GE. Pero pronto serán máis, xa veredes ;)
Tamén, contade con que hai modelos como este ou este, nos que vou engadindo casas no propio modelo, polo que non conta pero son máis.

Un saúdo!

4 de septiembre de 2010

Modelos, modelos e máis modelos...

Levo algúns días en que as ansias de facer novos edificios poden comigo, e o resultado é este:

FRANCISCANOS

O edificio que levaba tanto traballo polo tellado e que conseguín recuperar do formateo. Non me gusta como quedou porque as texturas van moi chafalleiras pero creo que da o pego. Xa o rexeitaron dúas veces pola textura, non sei onde. Esperemos que cambien de opinión.

MAITINES

Outro que non me gusta. O edificio en sí é bonito, pero a foto é do inverno e ese ton que ten non queda ben xunto ao Seminario, no que predominan os tons amarelos. 

PRAZA MAIOR 31

Casas da Praza Maior, despois se explica porque esto e non outros máis bonitos.

EDIFICIO FÉNIX

Levaba tempo querendo facelo, e esmereime moitonos detalles e en limpalo, pola súa sinxeleza e ese vermello tan veneciano que traeme recordos desa preciosa cidade. 

ALMACÉNS SAN MARCOS

Un edificio con historia, a ampliación e o antigo pabellón da OJE nos tempos franquistas.  

Intento levar a cabo un proxecto maior co da: Mazá da Casa Consistorial, a dicir verdade, é un modelo que engloba ese e outros. Como algún xa se daría conta, quero pechar a praza. Tarea difícil, por unha parte, pero con axuda é máis doada.
    Porque quen mais, e quen, menos, fixo algún edificio alí. Actualmente, según como conto eu, fan falla 12 edificios  máis para rematala de 30 que son (contando a mazá  da Casa Constitorial como un só). Tamén hai que contar con que dous de catro lados xa están feitos, o sur e o leste. O oeste é fácil, poucas casas e máis ou menos novas, pero o lado norte é o complicado. O único que se atreveu a entrar nesas casas antigas foi Kiko López aquí, aquí e aquí.
Terei que comezalos, pronto xa que en nada comeza o curso e teño que frear un pouco a produción, tampouco de golpe, que ata pasar o San Froilán o curso non comeza ;). 
Déixovos unhas cantas capturas do conxunto. Incluída a mazá da Casa Constitorial. Tamén van nas fotos dos almacenes San Marcos





Cambiando de tema, tiven unha venada co Goolzoom inspirándome nun cadro que ten un arquitecto no estudo, que coñezo por ser compañeiro do seu fillo; 18 folios gastados, pero non é tan chafalleiro, non? Por agora está pegado na parede e con celofán pintado como marcadores, pero dentro de pouco será sobre cortiza e chinchetas. O póster é de París, regalo do meu pai.

Iso é todo por agora. Volto a seguir traballando. 

Un saúdo!

3 de septiembre de 2010

O tema da Casa Consistorial

Kiko López contactou comigo para informarme de que o modelo da Casa Consistorial 2.0 (non leva o enlace porque agora está borrado) non podía ir así. Ao parecer, púxome coma colaborador, pero só podía modificar os detalles, non o modelo. Entón, o único remedio que encontrei foi volver a subilo. Pero non lle pareceu ben (cosa que entendo, pola cal xa lle puxen remedio) e a solución que acadei foi enviarllo. Así o subirá e xa está, sen tantas lerias. Espero que todo vaia ben! ;)

2 de septiembre de 2010

Anécdotas

Pois como di o título, hoxe vou facer unha entrada de anécdotas referidas á miña experiencia en 3D.


A primeira, é de hoxe. Non é nada especial, pero foi importante para min. Ía polo centro e parei na Librería Balmes a mercar un libro (da catedral de Lugo, interese arquitectónico e artístico, máis que nada) e comenteille ao home que me cobrou o dos edificios de Google Earth e comentou que estaba feita. Claro, a frase egocéntrica da conversa non podería ser outra que "Fíxena eu".  Máis que nada, era para ver se tiñan algún problema con que estivera colgada, pero según dixeron, para nada, incluso gústalles. É a primeira vez que alguén dame as grazas por algún edificio, e é moi gratificante, porque ademais, é un acto de vontade, non pido recompensas a corto prazo (home, a largo si, que de tantos modelos que fan algúns usuarios, acaba chamando a atención do público ou empresas) Ante todo, tamén hai que saber que eu isto o fago por  motivos:

1º: Porque gústame o deseño 3D.
2º: Porque soño con ver Lugo totalmente en 3D.
3º: Porque é un hobby coas súas complicacións, pero con bos resultados.
4º: Porque quero formar parte de este importante proxecto a nivel mundial.
5º: Porque eu creo que á xente gústalle ver tamén o s edificios
6º: Porque é unha experiencia que adquiro e que pode valerme para o mundo profesional
7º: Porque inicialmente quería facer algún decorado dixital de Lugo para películas ou algo, e este era o mellor método que coñecía (de esta saíron todas as demais)

Outra anécdota, esta é a máis forte para min, pois foi un suceso un tanto traumático no momento, pero que agora é mais ben humorístico.

Os pins en cuestión
Cristóbal Pablo quedara de facer o edificio da Policía, pero nunca o daba rematado, é máis, pra min que nin o comezou   ¬¬ . Ao parecer, non atopa as fotografías. Entón díxenme: "vou eu, saco as fotos e llas paso, a ver se así avanza". E alí fun. Tras sacar unhas fotos da fachada, dous policías de incógnito viñeron a por mi, e leváronme a comisaría, facendo caso omiso das miñas explicacións (incluso levaba o portátil comigo, co SketchUp aberto coa base do modelo xeolocalizado) Tomaron os meus datos e dixéronme que non pasaba nada, pero que como apareceran nunha páxina dos independentistas violentos estes, irían por min. Unha cousa que me molestou moito foi que fixo referencia aos extremistas por levar un pin de Rammstein (un grupo de rock industrial alemán, a miña banda preferida) e un cunha estreleira (nomeo ao de Rammstein porque foi o que sinalou, na bandoleira, que a Estreleira levábaa na solapa). Aparte, era un pouco vergoñoso, que xusto fóronme pillar os de estupefacientes, así que imaxinade como me miraba a xente, sorte que son alto e aparento máis, que se non...

O peor foi que cando llo contei a Pablo, dime "Pues yo cuando fui también me preguntaron que hacía sacando fotos, le dije que era para un modelo 3D y me dijo que vale, que no había problema!"


En fin, recordei tamén, que a ver se algún día crúzome con algún compañeiro no tema do 3D e non me recoñece, sería pena, polo que deixo unha foto miña, xa que a de perfil non di moito. É a máis reciente na que saio mais ou menos ben, modifiquei un pouco a luz con Photoshop e clareei a cara, que estaba na penumbra. E desenfoquei o fondo, que sempre queda moi cool ;)

Eu, na Praza de Sto. Domingo
Ata a próxima entrada, intentari non extenderme tanto!

Novo grupo de modelos, que ven de atrás

Por fin, tras tanto tempo de traballo, esta rematado.

A mazá da Casa Consistorial de Lugo!

En primeiro lugar, quero agradecer a Kiko López Suárez que me deixara utilizar como base o seu modelo da Casa Consistorial para este novo modelo. A razón de que o volvera a facer é que aparte de que o restauraron, a parte de atrás ten varios edificios nunha zona que no antigo modelo, estaba ocupada. Vai moi mal explicado, pero creo que con estas imaxes se entende:


O delimitado en vermello son as costruccións da mazá e o patio. Vese que o modelo non coincide. Iso foi o que me impulsou a facelo de novo.

Como tivera problemas cun modelo da mazá, que non valía porque tiña que "separalo en diferentes modelos", fíxenlles caso e separei. Entón, temos 4 modelos, 4 partes.

1º: Casa Consistorial


2º: San Pedro 4 e 6


3º: San Pedro 8 e 10



4º: Pza. Ánxel Fdez. Gómez 2 e 4


(Por certo, en canto a estas últimas, levaba moito tempo agardando para facelas, e irónicamente, póñome a elo tras ler esta nova)


E todos xuntos forman a mazá (agás a Farmacia Central, que fixo tamén Kiko)

Agora déixovos unhas cantas imáxes de comparación e unhas cantas do conxunto:
ANTES


DESPOIS

CONXUNTO

E repito, moitas grazas a Kiko por prestarme o modelo, sen el, habería tardado moitísimo máis.

SketchUp 8 e noticias da Deputación

Entereime por Alsomar e Trasancos da nova, e creo que xa o saberedes, polo tanto, só deixo o enlace da descarga, que quero rematar esta entrada para poder probalo :-P

Por outra banda, rexeitaron o novo modelo da Deputación por textura incompleta, ao parecer, polo tellado. Non lles vale que lle quitara a horrible textura por defecto, agora que lle poño algo un pouco mellor, quéixanse tamén... En fin, esperemos que pra seguinte acepten, e se non , poño outro.

Subín tamén a Igrexa do Carme, na zona da Porta Miñá. Simplemente currei a fachada, e o resto, aproximado. O único que non me gusta é como quedou o campanario, porque está en tonalidades diferentes. Iso débese aos líquens e musgos que tiña, e borrei, deixáron a imaxe moi descolorida e tiven que recoloreala. O problema esta en que non conseguín atopar a tonalidade. Déixovos a imaxe e o enlace: