31 de octubre de 2010

Restaurada Igrexa do Carme

Boas! Este modelo nunca rematou de convencerme. O campanario tiña dous tonos distintos á fachada e entre eles, non quedaba ben. Aparte, tiña un error na base deste, xa que entrevíase na fachada. As escadas estaban mal colocadas, e a altura total tamén. Pero sobre todo, o campanario era cutre e feo.
Agora, creo que non ^^.

Ten unha completa transformación do campanario, dos detalles, o tellado e parte da fachada. Probei un novo método que resultou ser bo. O campanario estaba formado por 4 imaxes entrecruzadas en formato .PNG e a "cúpula" por dúas en "X". Fíxeno en 3D todo, contando con que os polígonos non ocupen máis que as imaxes. Resultou.O modelo pasou de 1,13mb a 0,98mb. Non é moito, pero contando con que o detalle do modelo aumentou moito, vale a pena. Probei unha modificación no tellado que poño por defecto agora mesmo, e non foi moi alá. Vouna deixar, pero non farei iso en próximos modelos, costa un tempo e non paga a pena. Agora déixovos as capturas comparando, explicando un pouco debaixo:


Vista xeral do vello e o novo: Comparade a altura á que está, referenciada polas escadas. No 1º ían mal. Tiven que elevar un pouco todo o modelo para corrixilo.




Aquí podemos comparar o detalle da esquina. No vello eran dúas imaxes en "X", agora é unha reproducción 3D máis ou menos exacta.



O campanario e o tellado: aquí podedes comparalo. Creo que non é necesaria unha descripción.

O enlace e a vista:


E isto é todo, espero facer algo novo pronto. Un saúdo! ;)

15 de octubre de 2010

Novos modelo, e restaurado o modelo do Cuartel

Boas! Como se di no título, teño un novo modelo, velaquí está:


É un dos 5 edificios da Praza do Ferrol, e só me faltan 2. Xa teño os outros dous feitos, un xa estaba e outro engadino como xa contaba aquí. Esta é a casa de estilo racionalista.

Tamén restaurei o Cuartel de San Fernando, que xa íalle facendo falta. Dentro de algún tempo, será un novo museo, alomenos non estará abandoado...


E por agora, xa está, espero rematar pronto a mazá da Praza do Ferrol ;)

13 de octubre de 2010

O Modelador 3D de edificios pra Google Earth

Esta entrada é pra informar sobre os usos do Modelador 3D, unha ferramenta gratuita que pode usarse sen instalar no PC.

O M3D apareceu a mediados do 2009, e é a ferramente que Google utilizaba pra crear bloques de casas de forma rápida e sinxela. Só se sabía que usaban un método semiautomático. Feito público, comezouse a usar en EEUU (coma sempre) pero foise estendendo a outros lugares.

Consiste en crear prismas a modo de bloques e tellados, sobre unha fotografía aérea cun ángulo de inclinación suficiente para verse a fachada. Hai disponibles 6 vistas por edificio, alomenos (4 das fachadas, unha dende arriba e outra alternativa). O método é difícil explicalo por escrito sen liarse, polo que podedes ver este video e aforrades moito:


Por agora, está disponible nunhas cantas cidades, e cada vez en máis. Por exemplo, en España están disponibles Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia. Tamén hai algunhas cidades europeas máis (Londres, París e Roma non, cousa que me sorprendeu) e déixovos algún video tamén, de cidades completas:

MADRID



VENECIA



Este sistema é moi efectivo para rematar rápidamente as cidades, xa que é moi rápido, pero ten desvantaxes:
  •  A calidade dos modelos redúcese notáblemente, dende arriba da o pego, pero non se pode comparar co traballo de SketchUp, aínda que hai algúns usuarios que consegue uns traballos, dunha calidade, case igual.
  • Os modelos teñen algunhas carencias, como a cantidade de polígonos,  moi baixa, carga antes, pero menos detalle. Aínda que se se quere gastar algo máis de tempo, agora pódese importar a SketchUp, coma no exemplo do enlace anterior.
  • Só está disponible en unhas poucas cidades, e agora mesmo están comezando a poñelo en Sudamérica, polo que dudo que chegue a Galiza ata dentro dalgún tempo, estas cousas van lentas...
  • As texturas adoitan ir mais ou menos mal, por exemplo:   As árbores que hai ao redor, provocan ese erro. Nas cidades, dúas casas que estean xuntas, pero que unha non aparezca (non está feita, quitámola para ver mellor, etc) deixarán ver na fachada lateral o tellado da do lado.
Por outra parte, teño a miña propia opinión: Paréceme moi ben que o habilitaran para o uso público, e espero que sigan así ata acadar todo o mundo, pero iso non quita de que dexenera as cidades. Eu imaxino Lugo así, e penso: Axudará moito a rematalo, pero nos barrios exteriores, á muralla alomenos. O centro histórico paréceme suficientemente bonito, importante ou se lle queira chamar como para facelo nesa calidade. Merece ser feito no SketchUp, aínda que axudaría moito para, por exemplo, a parte de atrás das casas. Só por dar un exemplo,  A rúa San Marcos, na que estou traballando, ten unhas casas preciosas, e sería un erro facela co M3D, pero a parte de atrás das casas podería facerse sen problema algún, é máis, facilitaría o traballo, pero as fachadas, alomenos, facelas ben. Podedes velo aquí, na vista 3D; a fachada está traballada, e para facer a parte de atrás, copiei as fiestras do Cuartel de San Fernando.



Un modelos que para min, destrozouse por non facerse co SketchUp: Santa María Novella, en Florencia. Non a atopo na Galería 3D porque está feita noo M3D, pero podédela buscar e ver o mal que queda.

Nada máis, isto era só pra informarvos se non coñecedes ben a ferramenta e fíxeno polo meu profesor de debuxo técnico, ao que lle prometín algo de información :)

Un saúdo!

12 de octubre de 2010

Novos modelos!

Boas!
Hai tempo que non escribía, a pesar de ter novos modelos subidos.
O primeiro é o Colexio da Milagrosa, que xa está rematado. Na entrada anterior xa informaba de como ía, pero modifiquei moitas cousas, xa que non me gustaban. Agora xa está rematado, espero que vos guste.



Por outra banda, hoxe adiqueime a restaurar outro modelo, o que fai esquina entre a Praza do Ferrol e a Rúa San Marcos, un modelo que levaba moito en GE. O problema foi que o pintaron hai pouco, entón, por fin cambieino. Tamén fixen unha pequena do lado.



Agora que rematou o San Froilán, o meu tempo libre verase reducido, espero ter tempo algunha vez para traballar un pouquiño, xa que me gustaría rematar esa mazá, onde está o Centro de Especilalidades Médicas, e 2 casas, unha grande, de estilo racionalista e outra tipo mole.


Por certo, en canto a este modelo, non sei que lle pasa, a perspectiva está algo mal, é como un gran angular, un pouco incómodo para traballar, pero non sei como solucionalo, se sabedes... Vese claramente na imaxe, está moi distorsionada. Grazas!

Un saúdo ;)


Actualizo: Grazas a Trasancos, que me contou como solucionalo, e agora xa está.

7 de octubre de 2010

O tablón de abaixo á esquerda, e novo modelo.

Só actualizo pra recordarvos que tedes unha ventá de conversa abaixo á esquerda, na columna. Gustaríame que comentedes con erros dos modelos, suxerencias, novas que poderían interesarme, propostas pra novos edificios, etc.

Xa que a xente non está moi afeita a comentar (agás Trasancos, que comenta en case todos xD), alomenos que sexa máis sinxelo. En caso de que faga falta máis espazo se ten éxito, colocareina na columna central, abaixo de todo, haberá que desplazarse más, pero verase máis claro.

Creo que só tedes que darlle click e como iniciar sesión, sempre que teñades conta, e xa está!

Xa que estou aqui, aproveito pra deixar unha captura dun modelo que pronto rematarei, un edificio que tiña "a medias" (a Igrexa xa estaba feita)...
Respecto a este edificio (actualmente o Colexio da Milagrosa, creo) teño que dicir, que pra min, sobraban os 3 últimos pisos (hai outro máis que non se ve nesa foto).

 Por outra banda, quedei con Cristóbal Pablo de facer a Rúa Nova, alomenos o tramo dende Montevideo ata a Praza da Soidade (ata o Museo Provincial). É só un proxecto, pero tentarémolo levar a cabo. Repartímolo de esta forma: Pablo o lado este e eu o oeste.

Nada máis, un saúdo ;)

6 de octubre de 2010

Modelo actualizado: O Viaducto da Chanca

Dende hai algún tempo, o Viaducto da Chanca estaba feito, pero moi mal feito: Unha textura por defecto e mal deseñado.
Agora xa está solucionado. Realmente, non actualicei o modelo, senón que volvín facelo de cero. Creo que o resultado non é moi malo, contando con que usei unha fotografía dun día de néboa que fixen e outra (para o interior dos arcos) de Panoramio, con cores demasiado distintas, cousa notáble. O único problema que tiven foi o terreo, aínda non sei como modificalo co SketchUp 8, máis que nada por que non probei.
Agardo que vos guste, levoume unhas poucas horas e estou moi ledo da diferenza que encontras entre o vello e o novo.
Déixovos caoturas de antes e despois, e a vista 3D:

ANTES: 




AGORA

















Un saúdo! ;)