22 de diciembre de 2010

Remodelacións varias e novo modelo

Boas!

Estou en plena febre da remodelación, tras superar unha pequeno proceso gripal que me fixo estar na cama dende o mércores. Aproveitei para mellorar cousiñas soltas de modelos subidos, nada grande. En principio, resubín O Cantón 8, que tiña varios errores por mor dunhas liñas nas curvas. Tamén a toda a parte de arriba da Mutua Gallega, agora vese moito mellor dende arriba, usando texturas de GE (malas, pero non son tan chamativas). Os almacéns San Marcos sufriron a maior, porque levaban meses cunha apelación pra ser revisados, pero nono queren, e nada. Reenvieinos cambiando unha das fachadas, máis limpa, mellor colocada e ca metade de peso, mellorando as texturas nalgúns sitios, tamén a vista superior e facendo o cartel visible dende ámbolos dous lados. Sen saír da rúa, contade con que xa teño outra máis das casas da rúa (o BBVA) pero ata ter 3 ou 4 non o subo. Teño ganas de mellorar o modelo de San Marcos actual que xa teño, en canto a fachadas e iso, que resubino mellorando tamén os tellados e algún detalle máis;pero as fachadas, se as comparamos coa casa que subirei, agora teñen unha calidade mais ou menos baixa... Xa verei como fago.

Por oura parte, teño un novo modelo. Na Praza Maior, o nº 3, no Cantón. Unha casa da que só vemos unha pequena parte, pero esténdese moito cara atrás. Fai esquina, entón traballai ben o soportal, que continúa por tódalas casas do Cantón. Déixovos as imaxes, e espero que vos gusten!



Un saúdo! ;)

7 de diciembre de 2010

Deputación 3.0

Boas!
Como xa saberedes, a Deputación é un modelo con moita importancia pra min, no mundo do 3D. Decidín borrar toda a morrala en PNG e facela ben. E este é o resultado:




Un modelo con moito detalle (a todo isto, en total ten unhas 8000 caras, pero case todas de compoñentes copiados e pegados, aceptarono na Galería, a ver se agora tamén a GE) Costoume unhas horiñas, pero creo que pagou a pena.

Tamén propúxenme facer o mesmo ca Casa Consistorial, pero ao final rematei facendo un modelo superdetallado da torre, a partires dunha fotografía...

Non vou subila (ten unhas 25000 caras) pero comparto estas imaxes con vós. Supoño que en navidades fareino en serio, e renovarei a Casa Consistorial. Estou con ganas de restaurar os meus modelos. Iso significa que durante un tempo, só mellorarei os que teño (sempre pode darme unha venada e facer algún) agás un que debo aos colegas de Tecnópole e que xa vai avanzado, informaréivos ;)

O reloxo. Ata os números teñen relevo.

Mellor vela en tamaño orixinal!
Tamén que a Rúa San Marcos é candidata a seguir sendo modelada, xa que a casa que bloqueábame (tiña a fachada cuberta por reforma) está rematada. Seguirei cando teña tempo.

Remato cos exames o 14, contade con que non haberá tanta actividade estes días. Desexádeme sorte!

Nada máis, un saúdo! ;)

1 de diciembre de 2010

Galiciencia 2010 Resumo

Boas!
Xa estou en casa, descansei, desfixen a maleta... Xa podo contarvos como foi todo isto.
A exposición, foi moi ben, deixando a un lado que estaba mal da gorxa e aínda por enriba quedei afónico o 1º día. A exposición que seguín ven sendo:
"Boas. Coñeces Google Earth? Os edificios 3D? Ben, pois en Galiza hai moitos modeladores, pero por número de edificios nas cidades, somos uns 3: Trasancos, de Ferrol; Wysywyg, de Lugo, e AArmesto, que son eu, tamén de Lugo. O método de creación de edificios é..."

E así durante unhas 10 horas, de dúas en dúas, non fora ser que cansáramos. O truco estaba en poñer mala cara para que os pequenos non se acercaran moito, xa que non entendían; pero os adultos ou os crecidos viñan, e entendían.
Entón, ao final o balance foi: Difusión dos blogs e dos modelos, unha entrevista en La Región, ao mellor outra grazas a contactos en Ribadeo...

Non está mal, creo eu, aparte de que a experiencia non ten prezo (era gratis) coñecín a moita xente, reencontreime con vellos amigos e dinme a coñecer.

Déixovos as fotos, que supoño que quereredes ver o cutrestand de Galiciencia, outra vez patrocinado por min xD



Por certo, Trasancos e Wysygyg poderedes ver os vosos nomes se aumentades.

E por certo, estou restaurando a Deputación Provincial, xa contarei máis na próxima entrada, creo que vai pra largo ;)

Tamén, que xa que vai tardar, podo recordarvos o meu problemiña coas árbores na Praza Maior... só o digo...

Un saúdo!