15 de noviembre de 2011

De volta...

Boas!
Como probablemente notáchedes, estiven de parón algún tempo cos modelos. Isto debeuse a un descanso que tomei (fomentado polas poucas gañas e o curso, todo sea dito) nestas últimas semanas. Hai uns días retomei un pouquiño o modelado, reformando algún modelo (coma a Estación de buses ou Montevideo 29, aínda pendiente de que cpvr1993 o aprobe, que son colaborador) e facendo de outro proxecto moito maior, que merece un lavado de cara no 3D, xa que na realidade o está levando. Trátase da Catedral de Lugo, un dos modelos que sempre desexei ver feito (cousa que ser fixo realidade grazas a wysywyg, véxase o modelo aquí) e que trala súa restauración, aínda pendente de rematar (cousa de semanas como moito, alomenos exteriormente) está listo pra unha renovación integral, que por outra parte irá á par que a impresionante modelo da Catedral de Santiago, cousa do compañeiro Trasancos (véxanse estas entradas no seu blog: 1, 2, 3, 4).

En realidade a miña idea non era facela, se non colaborar de algunha forma con wysywyg pra facer un modelo digno dunha cidade como Lugo (pra min iso é coma dicir "un modelo boísimo"), tarefa que comecei coa torre do reloxo, modelo subido á Galería 3D hai xa tempo, e aínda anda pendente de rematar, e de texturizar correctamente. Antes de Barcelona, andaba a facer un plano da fachada principal, agora mesmo en restauración. Pois ben, contei con que podería facerse en relevo, e a iso ando agora, cun resultado que persoalmente, me fascina (contando con que é unha fachada que vexo día a día dende a miña clase, a coñezo bastante ben, e é un modelo que evócame moi ben o que vexo). Por agora, levo as torres, cun nivel de detalle alto. Fáltame o corpo central, do cal só teño as columnas en relevo, pero xa da o pego. A idea que teño é, a partires dese modelo facer dúas versións, unha con un nivel de detalle moi alto (modelar calquer detalle en PNG, como os bolardos e balaustradas) e unha a un nivel medio pra Google Earth (eliminando bastante morralla que lle fixen, as texturas farán o traballo de tanto polígono). Pero por agora aínda queda moito tempo, sen contar con outros modelos que teño de por medio (algo de Florencia, Venecia, Roma, Coruña, Ourense, e como non, Lugo; xa irei contando). Aínda que hoxe a última hora conseguín unha nova que pode facer esta tarefa moitísimo máis amena, pero non hai nada confirmado... ;)

Mentres tanto van unhas imaxes de como vai:



Estado actual das dúas torres da fachada 

Imaxe do pináculo, o máis laborioso dado o seu carácter circular
Vista duna torre dende arriba
Fachada coas torres rematadas. O corpo central está pendende de modelar.
O mesmo que a imaxe anterior, pero con sombras, pra apreciar os volumes


Estado actual da fachada, en vista paralela (tal cual o plano que tracei)

O mesmo pero outra vez sombreado

Por agora isto vai así, teño varias entradas atrasadas dalgúns modelos, tentarei escribilas pronto, pero polo de agora, desfrutade con esta! ;)

16 de octubre de 2011

Google Geo User Summit Barcelona



Boas!

Acabo de volver a lugo tras uns días de vacacións en Barcelona, cortesía de Google. Fun invitado a ir á "Google Europe & Middle East Geo Community Summit 2011", ou traducido, un congreso pra xente que fai cousas pra Google de maneira gratuita, coma eu. Entre os asistentes, había Map Makers (os que trazan carreteras e todo iso no Google Maps), os "Panoramios" (os que suben fotografías a esa páxina) e os 3D Geomodelers (os que facemos os edificios en 3D) Eu fun con Trasancos, que fíxose cargo de min. Tras 3 días de horario europeo (almorzar ás 7.30, aínda que nós pasábamos ás 8:30; xantar ás 12, merendar ás 3 e cear ás 7) podo dicir que foi unha experiencia non só enriquecedora a nivel técnico e social, se non que ademáis, veño con outra cidade máis na lista de visitadas, cun repertorio de novas ideas, cunha morea de fotos, con ganas de modelar, con información bastante privilexiada, e algunha sorpresa no ámbito do modelado lucense con sorte a medio prazo.... ;)

Entre moitas cousas, podo decir que síntome moi contento de coñecer a moitos dos seguidores de este blog en persoa, dos que non tiña nin idea, e moitos modeladores dos que non sabía moito, que resultaron ser unha persoas incríbles, cuns modelos aínda máis.

O bo desta viaxe foi tamén que xa que estaba, aproveitei o fin de semana en Barcelona, e vivín o 15O na cidade, seguindo a manifestación, formando parte de tan impresionante evento.

Agardo que podamos volver a compartir todas esas risas xuntos pronto, xa que quedei con ganas de máis!


Grazas por estos días tan impresionantes!! :D
Thanks for this amazing days!! :D (internacionalizado pra que o entendan)

Mapa de procedencia dos participantes no evento. As rosas, o regalo de despedida.

1 de septiembre de 2011

Campanario de San Marco, Venecia


Boas!
Teño o blog con entradas atrasadas, a ver se me poño en canto comece setembro e teña máis tempo. Por agora, un modelo que merecía xa a súa propia entrada, e que leva algún tempo subido: o Campanario de San Marco.

Edificio singular como el só, na cidade das canles. Símbolo da cidade, ubicado na Praza de San Marco, é o campanario da basílica bizantina adicada ao mesmo patrón. Posee unha altura de 98,6 metros. O corpo principal, de ladrillo, é un ortoedro de base cadrada de 12 metros de lado e 50 metros de alto, sobre o cal se asenta un campanario branco con catro arcos por cara, con cinco campás. O campanario posee na parte superior un cubo, e nas súas caras hai leóns e a representación feminina de Venecia (la Giustizia) de forma alternada. A construcción está coroada por unha agulla piramidal, no extremo da cal se atopa unha veleta dourada coa figura do Arcanxo Gabriel. A torre actual é unha reconstrucción de 1912, tralo colapso de 1902, anque a forma orixinal de 1514 mantívose.

En canto ao modelo, o detalle do mesmo é bastante alto, sobre todo na Loggetta (a loggia de entrada, que ten nome propio), que tardei máis en rematar. Ao ser simétrico agás por esta e unhas estatuas, feito un lado, feito todos. As texturas saqueinas de Internet, e quedei satisefito co resultado. Na Loggetta foi peor, xa que había moi pouco material do lateral da mesma, pero ao final fixen un apaño algo raro que da o pego.

A continuación, imaxes do proceso de construcción e o resultado:



O Campanile modelado, listo pra texturizar

Comezando por abaixo coa textura

Detalle

Detalle da parte das campás

Estatua da Giustizia sen textura

O Arcanxo Gabriel

Render do Campanile sen textura, pra ver o detalle

Render en detalle do Campanile

Campanile completamente texturizado, pero aínda sen a Loggetta

Detalle do Campanile

A Loggetta, debuxada no Sketchup a partires dunha foto

Dándolle relevo

Engadidas as columnas

Rematada a fachada principal (detalle de modelado)

Rematada a fachada principal (con textura)

Lateral, coa Loggetta xa rematada





Isto é todo por agora, seguirei subindo que aínda teño máis modelos novos, pero pra non saturar, irei subindo entre días. Un saúdo!!



28 de agosto de 2011

Algo de Porto do Son

Boas, xente!
Estes días estiven a traballar bastante nalgúns proxectos, ademáis de desfrutar da praia algún que outro día en Porto do Son, o que inspirou estes modelos que vos traio:


Este modelo surxiu como a base para o segundo modelo, a Igrexa de San Vicente de Noal (máis adiante), xa que o terreo era moi irreal en Google Earth. Pero comecei levantando a zona, e logo coas árbores, os bancos, o cruceiro... E ao final está todo feito (agás as farolas e pivotes do paseo, que necesito un plugin que non teño pra facelo, pero o solucionarei pronto).

Unha vez feito isto, comecei a igrexa de Noal, o modelo máis notable do conxunto:



A Igrexa é neoclásica, construída entre 1775 e 1790. Ten planta de cruz latina, reedificada sobre outro templo medieval románico, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada pra fachada principal e para o entorno dos panos.
Saquei as foto de paso que estaba alí, ás 8 da mañá, que despois ía darlle o Sol todo o día, e non me gusta ter sombras nas texturas. Tras un traballo de modelado complexo no campanario, e simple no resto, comecei coas texturas, coas que tiven máis problema coa torre. Ao tomar as fotos, non tomei ningunha boa desta, saían a contraluz, polo que tiven que corrixir o que había e apañar. Prestoume a súa axuda Trasancos, por certo, nesta tarefa.
Finalmente, co conxunto rematado, o resultado é o que vedes, aínda que o paseo xa dixen, será sometido a máis retoques próximamente.


Con todo, déixovos unhas imaxes do proceso coa igrexa e uns renders:

















Un saúdo!

15 de agosto de 2011

Restauración da Catedral de Lugo (Nova)

Boas!
Vendo a cidade no tema urbanístico nestes últimos meses, penso que sería boa idea informarvos un pouco dalgunhas novas que poidan ter que ver co meu traballo (ou doutros, en Lugo, polo menos) en 3D. Polo que dende agora, irei actualizando tamén con novas. Inauguro coa da restauración da catedral:

Dende finais de abril/comezos de maio, a Catedral de Lugo (modelo de wysywyg aquí) está en restauración, a obra máis grande levada a cabo dende a conclusión da fachada principal.

O traballo que se está a levar a cabo é (resumindo) limpar e reparar a fachada principal e as torres, limpar o exterior da xirola, levantar o tellado no cruceiro, quitar o apaño do s. XX de formigón( que non deixou circular o aire e creou humidades) e renovalo todo.Tamén a limpeza do altar maior, restaurar as pinturas, as esculturas e a bóveda.

Agora mesmo, a torre sur está rematada, falta desmontar todo o andamiaxe, e estase a montar na torre norte. A xirola está limpa por fin, na parte traseira. No interior, tras limpar toda a xirola da roña de varios séculos, descurbindo que as columnas eran azuis e douradas, entre outras cousas. O altar maior foi desmontado pra limpalo, e hai uns días, tras limpar a bóveda, descubríronse frescos barrocos, que non tardaron en bautizar como "a capela sixtina galega" (fotografías de "La Voz de Galicia", xa que eu non puiden tomalas aínda, polos andamios)

E con todo isto, unhas imaxes, de o antes, o durante e o despois:

A bóveda no altar maior (2009), distínguense uns debuxos por debaixo, moi sucios

Estado da restauración do Altar Maior

Xirola. Agora vese o cromatismo das columnas, antes oculto.
Fachada principal no 2010
Detalle da vexetación na torre norte (2010)
Áreas de actuación

Fachada principal en maio do 2011
Fachada principal en maio do 2011


Catedral en xullo do 2011, coa torre sur cuberta de andamios


Panorámica vertical da torre norte dende a Praza Maior

Estado actual da xirola, xa limpa (agosto 2011)
Isto é todo por agora, un saúdo!

Novas nos periódicos:
03/02/2011 Licitación das obras (Diócese de Lugo)
29/06/2011 A Catedral comeza a ser outra (El Progreso)
02/07/2011 Herido un mozo ao caer dende 10 metros da Catedral (El Progreso)
11/08/2011 Lugo destapa a súa "Capela Sixtina" (La Voz de Galicia)

9 de julio de 2011

...e feito!


O modelo que anunciaba á mañá está rematado! Unha tarde de traballo, pero ben pagou a pena.

Este modelo ten a súa dificultade, sobre todo en tres factores: as pésimas fotografías que tomei, a pouca concordancia na proporción ao seguir o catastro e a curva nunha esquina. Esta última solucioneina co Shape Bender, sobre todo pra dobrar as fiestras e adaptalas.



O que mais perxudicou o modelo eran as fotografías: ou con un color moi malo e contraluz ou con moito sol, sombras e moi sesgadas. Ao final, van das dúas (nótese a diferencia entre as fiestras e a pedra de abaixo, por exemplo). Pero finalmente, o resultado é bastante aceptable. Vos diredes :)


E sigo dicindo que farei o antigo edificio que había aquí, o do café Metropol, a ver como apaño coas texturas...



Un saúdo!

Novo modelo en proceso...

Noutra época, seica houbo un edificio na Praza de Asturias bastante singular. Agora hai unha especie de réplica do orixinal. E este é o novo modelo no que traballo. Por se hai algún nostálxico, teño preparado en parte o antigo, de fotografías (grazas, Senén). Tamén haberá algunha sorpresa respecto ao Lugo pasado. Irán saíndo co tempo... ;)
O modelo sobre o catastro, pra que vaia ben medido (alomenos a base)

27 de junio de 2011

Retomando o modelado...

Boas! 
Rematadas as clases e co ordenador dispoñible, comecei hai xa uns días a traballar en 3D. Por unha parte, comecei modelos, traballei noutros e corrixin varios. Sobre todo isto último. Teño intención de modificar bastantes modelos dos xa subidos, pero por agora hai tempo. En canto aos modelos subidos...


Este modelo xa fora anunciado hai un tempo, e xa o podedes ver na Galería 3D



Outra casa en San Marcos, xa non rúa, senón praza. Aproveitando que teño que cambierlles o nome, modificareilles varias cousas aos modelos existentes na rúa.




En canto aos novos modelos, os máis salientables son o Palazzo Farnese e o Panteón de Agripa, ámbolos dous en Roma. Unhas imaxes, pra que vexades como vai a cousa... (están sen rematar, ou sexa que non pensedes que vai quedar así, sobre todo no Panteón)



Patio Interior

Exterior



Interior (só aristas)

Interior (texturizado)

Exterior
Isto é o que hai por agora, irei contando como van as cousas segundo vaia facendo.

Un saúdo! ;)