10 de enero de 2011

Actualización con novas

Boas!
Non actualizaba dende o día 1, aínda que tiña motivos. Cóntovos. Estas vacacións adiqueime a restaurar modelos. Uns 10, creo. Básicamente, detallalos, ou corrixir erros. Detallei o Colexio "A Milagrosa" Praza de Santo Domingo 3, o  Edificio Fénix (aínda que neste foi un erro, probablemente restaure a versión anterior), a Rúa San Marcos, o Edificio da Mutua Gallega e os  Almacéns "San Marcos". As pontes, sufririon outro cambio máis: borrei as pontes da fotografía. Así, é máis realista. No Viaducto do tren de Ourense engadinlle un detalle tamén na estructura e mellorei a textura que se ve dende arriba. A Ponte Nova foi modelada case de cero. Agora asemella moito máis real.

A continuación citarei os cambios dos modelos, con imaxes pra que se vexa ben. Só tedes que darlle a máis información (así non ocupa tanto o blogue se non vos interesa).







A este modelo engadinlle detalle a tódalas ventás, e mellorei as texturas, xa que estaban un pouquiño en perspectiva.


Estructura antes da remodelación

Estructura trala remodelación




Praza de Santo Domingo 3 (só o da dereita)

Este modelo, feito a partires do Street View, agora ten un detalle moito maior, pero as cores son moi fortes, creo que volverei a cambialo pra suavizalas.
Antes
Despois
























Este modelo consta doutro edificio que non aparece, porque non sufriu case ningunha modificación, sóamente foi pintado de azul pola parte de atrás e lateral (coma este, de amarelo), para darlle máis colorido (non son realmente así, pero queda algo mellor que o branco nuclear que tiñan).


Con este cometín un pequeno erro: Google Earth reduce os modelos, e defórmaos algo (pode verse en calquer detalle mais ou menos pequeno) e non contei con iso ao facer a balaustrada dianteira en 3D. 


A versión anterior, en PNG, da o pego.

A versión 2.0 en Sketchup. Ten boa pinta.
A chafallada en Google Earth.



Este modelo, por agora rexeitado, sóamente ten actualizado o tellado e algún erro. Se comparamos cos seguintes modelos pola rúa (aínda en proceso, só un está feito) Teñen unha calidade media-baixa. Pero non quero modificalos por agora. Só os tellados, que era o que máis falla facía.

Tellados, co meu tellado multiusos.


Por agora, isto. As pontes tratareinas máis adiante, que agora estou ocupado. Por outra parte, por se alguén interésalle, poño á disposición a versión 3.0 do tellado de lousa usado en Lugo (click dereito, gardar imaxe como):

Este simula a tella, cando temos que rechear algún espazo (xa explico máis adiante)

O tellado en cuestión. Orientadeo sempre ben, para que a liña de tellas coincida co borde. Aconsello oscurecelo un pouco

3 comentarios:

  1. Xa vexo que non perdiches o tempo... non coma outros ¬¬'

    Saudos! ;)

    ResponderEliminar
  2. enhorabuena por las remodelaciones...
    están genial :-))
    lucia

    ResponderEliminar