27 de enero de 2011

Novas!

Boas!



Este fin de semana aproveitei pra remodelar máis modelos: a Fonte do Rei, as casas sindicais, Unhas de Santo Domingo e uns errores na igrexa de San Froilán. Tamén 3 novos modelos. Imos por partes:


Este modelo xa tiña algún tempo, coloqueino correctamente e fixen un cambio nas texturas, anteriormente por defecto. Agora é máis realista.



Este modelo, máis ben modelos, eran dúas das miñas primeiras creacións. Pouco detalle e moito peso. Aparte dun tratamento pésimo das texturas. Eran dous edificios separados case iguais. Agora, a base de compoñentes, ocupa moito menos que un só edificio sendo moitos máis, como pode verse aquí:

Son máis edificios, pero non os fixen por unha razón. Estos están pintados en azuis e amarelos. Os outros, en granates e algo de amarelo. Entón, irán noutro modelo. Aqui vese a distribución:

As casas en vermello aínda non están feitas





Amañei un problemiña no tellado e borrei texturas sobrantes.


Tellado antes
Tellado despois



Falando nesta zona. teño un problema co Colexio A Milagrosa. Comentaba que reformeino hai pouco; pois
subiuse mal a Google Earth. Nesta imaxe, aparecen unhas caras negras, cando deberían ser brancas. Resubireino en canto poida.

Vese o erro nas texturas dos pisos superiores



Estas casas levaban feitas un bo tempo, pero correxin as proporcións dunha, xa que comecei a facer a Rúa da Raíña, unha rúa moi céntrica que conecta Santo Domingo coa Praza Maior, onde podemos encontrar multitude de tendas. Ten agora mesmo 3 edificios, un en cada extremo (a Igrexa de Santiago "A Nova", un novo do que xa falarei e este) Aquí vese ben:

En verde, os edificios feitos; en amarelo, os mais ou menos
 antigos que pagan a pena; en vermello, os que non.
Cambiei as dimensións do modelo (e de paso, cambiei algunha textura) para deixarlle sitio ao novo modelo: Rúa da Raíña 16. Modelo dunha casa no noroeste da rúa, preto de Santo Domingo. Tentarei continuar toda a rúa co tempo.

Aquí, o novo modelo, á dereita. Pegado, o modelo redimensionado,
 e ao fondo, o Boston en Santo Domingo (de Kico López)

Agora, falareivos dos modelos en San Marcos, que sufriron algúns cambios. 

Non sei se recordades uns modelos entre San Marcos e a Praza do Ferrol. Pois ao modificalos, non os subiron por ser 4 xuntos. Decidín separalos, e aproveitei para subir o 5º da rúa, e un en Bolaño Rivadeneira. Este último non ten ningún interese agás que fará de enlace para as casas cara abaixo, máis importantes. Coido completar esta parte da rúa en pouco tempo, do outro lado, ocuparase Pablo Vega, según acordamos. Gustaríame rematar esta mazá, e ser a primeira de todo Lugo en ser pechada, pero é algo grande.

Teño aquí un mapa que explica como vai:

Lenda:
modelos de AArmesto
modelos de AArmesto(en proxecto/proceso)
modelos de wysywyg
modelos de wysywyg (en proxecto/proceso)



Ante todo, Os que marquei en proxecto meus, son os que teño pensado facer sempre que ninguén queira. Sobre todo o digo por Kico, porque supoño que tampouco quere que teñamos modelo repetido. Non comecei ningún, polo que sen problema, incluso teño as fotografías e podo pasalas ;)

Por certo, os claustrso da Igrexa de Santo Domingo están marcados, aínda que non sei se os farás ou non (para os axenos, eses claustros son do convento, de monxas de clausura.

Déixovos as imaxes dos modelos:




E despois de esta gran actualización, un modelo, subido en privado pero que tentarei rematar en breves (máis variedade nas fiestras e o baixo). Déixovos un render e unha imaxe tratada cutremente co Photoshop ;)



Dentro de pouco, nova casa no Cantón!

Isto é todo por agora, saúdos! ;)

3 comentarios:

  1. O_O ... "Abrumado me hallo"... Máis prolífico non se pode! Impresionante traballo Andrés!.

    ;)

    ResponderEliminar
  2. Moito curras, xa me explicarás como fas para que che dé tempo a todo :-)

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, Anxo!

    E papá, xa sabes que saco tempo cando podo ;)

    ResponderEliminar