15 de enero de 2011

Casa Consistorial 3.0

Boas!

Restaurei (novamente) a casa Consistorial, seguindo a tendencia a facer todo en 3D que seguen os meus modelos ultimamente. O resultado levoume varios días, traballo repartido polos estudos. O problema foi a fachada, borreina e volvina facer, pra arreglar todos os problemas que tiña (recordemos que o modelo non era meu, senón de Kico López, e temos diferentes maneiras de facer os modelos). Tamén a torre do reloxo foi reformada, facendo un modelo moito máis simplificado pero cas mesmas texturas que este. Agora gústanme as texturas e a estructura, quedei satisfeito ^^

O peor foi o apaño deses pináculos laterais, xa que tiven que adaptarlles unha foto como textura. Pero finalmente, quedaron ben (creo, xulgade vos). Isto é todo por agora. Adxunto as imaxes (click pra velas ben):


Detalle da fachada e torre antes

Detalle da fachada e torre despois

Fachada de lado antes

Fachada de lado despois


Vista de paxaro antes

Vista de paxaro despois
Comparación entre os pináculos, antes 6 PNGs entrelazados, agora en 3D

Isto é todo por agora, un saúdo!

1 comentario:

  1. noraboa polas restauracións da casa Consistorial e tamen polas 1000 visitas :-))
    saudiños
    lucia

    ResponderEliminar