22 de febrero de 2011

Pontes, modelos varios e renders

Boas!

Levaba un tempo sen escribir, a verdade. Moitos veríades xa as Torres do Garañón (o modelo denuncia) en Google Earth. Tiña pensado dedicarlle unha entrada específica (o merece) pero será máis adiante, xa que non dispoño de toda a información que querería. Tamén estiven a facer virguerías co Artlantis, e saíu algún render decentillo. Déixarei algún co modelo correspondente. En canto sexa Pro en Flickr, subirei os bos alí para que podades velos. Por certo, non tiven tempo a reducir as imaxes, van en tamaño orixinal (os renders gústanme en alta resolución, aconséllovos facer click neles pra velos en grande e contemplalos ben).

Así que,aquí van as novas:



 Tiña uns saíntes en cada arco, agora xa os puxen. Tamén fixen o terreo baixo a ponte sen a fotografía da propia ponte. Na previsualización non sae ese terreo, porque a recoñece mal, pero en Google Earth, si está, ou sexa que non hai problema ningún. Déixovos dous renders da ponte dende o mesmo punto simulando o típico amencer lucense de inverno: gris, neboento e despois soleado (pero cun frío...):
Ás 7 da mañá


Ás 10 da mañá



Agora, moito máis detallado: os arcos son moito máis complexos, xa que antes eran moi bastos, agora xa non se aprecian os polígonos. E aproveitei para comprimilo, xa que non usaba compoñentes (algo estúpido, xa que é un modelo no que se repite o mesmo varias veces). Aproveitei para detallalo máis, como resto. E tamén, hai renders. Neste, probei a poñer auga por debaixo un pouco ao chou, a ver que tal quedaba, xa que este post deume a idea. A ver que vos parecen:


Toda a ponte. Aconsellable ver a imaxe aparte.

Probando as texturas tanto na auga coma na ponte, non deu mal resultado...


Outro modelo de Ourense ( que poucos ten). Este, atópase ás aforas da cidade, Miño arriba. É a ponte da N-120 e a peatonal que salvan o Río Lonia, un regato cun paseo fermoso pra recorrer. Este modelo levoume bastante tempo porque esixía unha gran remodelación do terreo ao redor. Creo que quedou o suficientemente ben como para distinguir os camiños e iso, bastante levoume aplanar a estrada...

E como non, un render:




Unha proba, realmente. Estas casas foron feitas a partires do Street View, con algúns apaños. Era pra ver se se podían facer rápidamente. Escollín un mal exemplo, xa que unha fachada non ten fotografías (a fachada de Xermán Alonso, a máis grande) Polo que copiei e peguei, e o modelo asemmela a calquera feito dunha fotografía boa. Entón, dudo que o use. Un render:

Son dous edificios, a fachada da esquerda non estaba en Street View.
Neste render podemos ver as liñas, e distinguese o detalle que ten.


Este é un modelo algo peculiar. É o completo entorno arredor do meu instituto. O patio está case pechado, só falta a muralla, cousa que deixo pra Kico López.
Están feitas as árbores, farolas, buzóns, papeleiras, muros do patio, canil, un pequeno xardín, as porterías, canastas e un guiño a uns amigos meus sobre o meu símbolo no tablón de propaganda do xardín ;)

Non podo poñer o render, xa que sen o instituto non paga a pena. Debido a problemas co Sketchup, comentados con Trasancos no Twitter. Espero resolvelo pronto, xa que é bastante incómodo. (se queredes buscarme no Twitter, a todo isto, son aarmestocor.

Deixo a vista en GE, que é máis útil ca previsualización 3D neste caso:



E como adianto, un edificio dos primeiros que está sendo remodelado, e o cambio é moi grande... Un render (como non) pra que vexades (asemella rematado, pero falta toda a parte traseira)

Casa de Alvarado - Fundación Caixa Galicia, Lugo


Creo que por agora nada máis, sóamente recoméndovos ver a entrada de Kico López da muralla, un traballo que ten pinta de pagar a pena :D


Un saúdo!

3 comentarios:

  1. Que pasada de modelos Andrés!!... e os renders "monísimos" (jejeje ;P). Non , en serio, o do viaducto da Chanca ao amencer é unha pasada!. Mira que levo tempo dándolle voltas ao tema do Artlantis; como eu usei Kerkythea ata o de agora sempre o fun deixando de lado, pero esta visto que vou ter que miralo en serio, porque os resultados pintan moi ben.

    Que tal vai o problemiña co SketchUp??

    ResponderEliminar
  2. Grazas Anxo! Recoméndote o Artlantis, é o SketchUp dos renders, demasiado fácil para conseguir eses resultados.

    En canto ao problema, aínda non fixen nada, que onte estiven ocupado. Espero facelo hoxe seguindo o teu consello.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Hoxe mesmo xa me poño co Artlantis!!!... ;)

    ResponderEliminar