11 de marzo de 2011

Axuda, modeladores! (outra vez)

A estatua hoxe en día
Boas!
Estou remodelando outro dos primeiros modelos de Lugo: o Monumento do Bimilenario. Se non a vichedes nunca, é unha columna duns 15m, que fai de glorieta en Santo Domingo. Conmemora o bimilenario da fundación da cidade, sendo inaugurada en decembro de 1976. Pero a águia (que foi feita en bronce fundido basándose nunha atopada no Courel, coas ás pechadas) foi substituída pola actual na primavera de 1977, por outra coas ás abertas, xa que non gustaba (déronlle o alcume de "O Pombo"). Agora, a orixinal está no parque Rosalía de Castro, facendolle compaña ao resto da fauna que anda por alí, coma os porcos que se dedican a graffiteala.

Así vai o modelo. Aínda
non cambiei o águia.
Despois dun pouco de historia, amósovos o problema: Estou facendo o modelo con gran calidade, entón, a estatura non vai ser menos. Non quero usar un PNG (xa foi a primeira versión e non quero repetir) e quero algo con máis detalle. Tentei facelo, pero cústame. Se algún coñece un bo método, tutorial, ou se presta a facelo, que avise, e grazas por adelantado! Tedes aquí unhas cantas imaxes

Falando de favores, aínda non solucionei o das árbores da Praza Maior, ou sexa que se alguén segue interesado... Sen prisa, que eu alomenos, non a teño xD


Un saúdo, e grazas! ;)

4 comentarios:

  1. Ummm... creo que pillo a "indirecta"... :P. Mandafreiche un correo e falamos do tema.. ;)

    ResponderEliminar
  2. Hola Andrés! Ahora mismo estoy modelando una estatua yo tb, y más o menos está saliendo bien. Cuando la acabe, ya te mandaré un tutorial con los pasos que he seguido. Aquí va un vistacillo: http://twitpic.com/48j8eu

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ambos!
    Xa vin a imaxe, Alejandro, e con iso teño unha idea, pero prefiro esperar polo resto.

    E Anxo, sería discutible cando unha indirecta deixa de selo ao enlazala ao que debería darse por aludido... :P

    Un saúdo! ;)

    ResponderEliminar
  4. XD XD... por iso as"comiñas"... de indirecta nada!! XD

    ResponderEliminar