27 de marzo de 2011

Modelos e renders

Boas!

Levaba algún tempo sen subir, aínda que prometín no twitter facelo. Pois ben, aquí vai:


Edificio racionalista na esquina entre a rúa do hospital, a pequena rúa entre o Convento das Agustinas e a parte de atrás das casas de San Marcos; e a Praza de Santo Domingo. Non ten moita cousa, como moito, o amaño da fotografía para que saíran as fiestras laterais correctamente. Aparte, vai con texturas fotorealísticas en 3 de 4 fachadas, un logro. Iso si, cando estaba case rematado, percateime de que non tiña fotografías do baixo (onde está a tenda Oysho), e non tiña ganas de retrasar a subida, polo que tirei da imaxe do chan, e aumentando as letras de Google, amañei uns escaparates difuminados (aos moderadores valéronlles). Polo tanto, está subido dende hai tempo:



Este edificio, do entorno do IES Xoán Montes, é do estilo racionalista, e segundo o Plan de Ordenación, non debería existir. Pero existe, e é un edificio aislado de todo, entre o comezo do carril das Estantigas e a rúa Montevideo. Aos lados ten un parque onde bifúrcanse, e un terreo abandoado e tapiado, onde debía haber unha casa que tiraron. Vese na textura (fea pero é a real) do lateral.



Este modelo foi feito orixinalmente para un traballo de Educación Física, e de paso , o modelo enteiro. Dous paxaros dun tiro. Teño varios renders, e estiven experimentando coas luces artificiais, con resultados bastante bos (iso si, duns 10 minutos que tardaba en renderizar as imaxes a 2000x1500 con suavizado, pasou a case unha hora por meterlle un foco). Non sei se será bo poñer a imaxe final que entreguei, ou sexa que porei coas que o fixen (só ten uns efectos de antiguedade):



O modelo inclue unha modificación do terreo bastante grande e da textura, xa que a herba estaba seca, e o asfalto moi branco. O pazo básase na repetición dos compoñentes, o que simplificou bastante a tarefa, e non leva case texturas. O único problema foi que experimentei coas transparencias (pódese apreciar que nos renders, algunhas luces están no interior), fixen unha parede tras cada ventá e parecía que daba o pego; pero unha vez en GE, vese mal, o que hai ao outro lado do modelo, polo que para o render vale, pero para GE, mellor será borrar o interior e corrixir a transparencia.

Déixovos a vista en 3D e o enlace na Galipedia:


Por agora, pouco máis teño. Rematei a 2ª avaliación, con mellores resultado que na 1ª (espero, aínda non teño as notas); ou sexa que con sorte, conservo o PC e podo seguir traballando. Por agora, estiven mirando edificios pra restaurar, e o Franciscanos, outro de Montevideo, detallar máis o Cuartel de San Fernando... Tamén mirei proxectos alleos, como o campanario da Igrexa da Nova, de Kico López, ao que lle fai falla unha boa restauración, ou mesmo a Catedral, as tres torres merecen algo máis de detalle pra non quedarse atrás en canto a Lugo (se fai falla, axudo).

E por certo, collendo os modelos da zona e poñendo algún recheo, saquei este render, bastante interesante como esquema, gústame o estilo: 
Mirándoo por outra parte, apréciase ben o alto detalle do modelo, xa que as texturas (que moitas veces son tan boas que non se nota a sinxeleza do modelo) están eliminadas. Averdade, espero que algún día, todo iso esté cheo de edificios así de detallados... ^^

Nada máis por agora, un saúdo!! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario