11 de marzo de 2011

Novos modelos.

Boas!

Hai novos modelos na Praza de Campo Castelo, praza moi céntrica mais ou menos detrás do Concello. Xa había un edificio, pero agora vou pechando. Subín dous modelos, de dúas casas cada un:




Tamén subín un en Doutor Castro, rúa que da á Praza Maior, onde ese laranxa racionalista. Aquí o tedes. É un pouco escuro, xa que a rúa é algo estreita e non había luz ao sacar a fotografía. Grazas á propietaria da Confitería "Santos" polo permiso pra facer as fotografías.



Un modelo que xa leva moito tempo anunciándose neste blog. Agora podo dicir que está rematado (e rexeitado pra GE -.-) Un edificio de Eloy Maquieira, como o amarelo ao seu carón.



Este edificio, quedou sen facer a pesar de estar entre os primeiros feitos da cidade. Débese á restauración interminable que está sufrindo. O modelo está feito a partires dunha fotografía, da que limpiei o que puiden. O resultado é algo esquemático, pero alomenos está pechado ese oco.




Pódese dicir que con este, rematamos O Cantón. 

O Cantón, por fin rematado


No último post, subín varias imaxes de GE con todos os novos edificios. Na última imaxe, sae na parte de abaixo un edificio do que non falei aínda (víase dende atrás). É un edificio case rematado, trala súa rehabilitación. Das dúas prantas orixinais e a baixa, surxe agora unha galería negra de dous pisos, e por riba, un alto tellado de zinc. Isto provocou varias queixas, que poden verse neste enlace a La Voz de Galicia.
Así e todo, o modelo está feito. Este engade un pequeno edificio adosado, que segundo souben, comezará tamén a restauración en pouco:

Ao lado deste está un bloque onde atópase entre outros, a radio COPE. Cristóbal Pablo fixo este edificio, pero está mal colocado e faltanlle algunhas cousas. Tomeime a molestia de amañalo un pouco pra que se adapte ao novo, e quedou así:
Engadinlle variedade nas fiestras da fachada e borrei todos os reflexos, xa que eran moi irreais. Quitando que o edificio non é ningunha preciosidade, eu creo que quedou ben. Estou á espera de que Pablo o suba á Galería, que anda con exames.

Aproveiteti pra restaurar varios modelos, tamén:



Este modelo, no que Trasancos prestoume axuda cas cores, necesitaba unha gran restauración. Comeceino de novo. O resultado non me decepciona en absoluto. Déixovos un render (ten un problema, non se ve a textura do baixo ben, pero o resultado da unha idea de como quedou o modelo, moito máis detallado):



Este foi un dos meus primeiros modelos. Agora, restaurado é moito mellor. Tamén tiven que comezalo de novo, xa que era un modelo moi malo. Xa deixei un render hai unhas entradas, polo que só poño a imaxe en 3D:







Fotografía que tomei
Por último, un modelo non de Lugo, nin Galiza, se non máis lonxe. Ven cunha pequena historia:
Estaba vendo as fotografías da viaxe de fin de curso do ano pasado, por Italia (en bus!).Cando andaba polas de Venecia, abrín GE. Como xa saberedes, está feita completamente en 3D ( todo iso fálase aquí). Entón, busquei os lugares das fotografías, sobre todo as igrexas que saían nas tomadas dende o Campanile de San MarcoNunha delas, vin outro ao lonxe (era un día moi neboento) que parecía interesante. Ao velo en GE, quedei moi decepcionado: Era un modelo feito co Modelador 3D, mal feito, sen detalle apenas...
Modelo vello
Propúxenme facelo. Tiña pinta de ser fácil, había unhas poucas fotografías pola zona en Panoramio, e usei unha. Tamén informeime sobre a Igrexa (é a de San Francesco della Vigna) e o propio campanile (do que non atopei moito, iso si). Tras facelo con todo detalle, quedei moi contento. Do bloque que era antes, agora é un modelo perfectamente detallado, incluso as campás están modeladas. Espero que sexa subido pronto. Déixovos uns renders, a imaxe de como é agora e a vista frontal.


Render do modelo. 
Vista frontal (ou calquera das outras, que son iguais)



Isto é todo. Un saúdo! ;)

2 comentarios:

  1. Mimadríña Andrés!, cada vez que publicas algo é uha gozada!. O modelo do campanille é fantástico. Moi pero que moi bo!. As miñas felicitacións!. ;)

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Anxo!
    Creo que lle collin gusto a Venecia, ao mellor non é o único da zona ;)

    Un saúdo e grazas!

    ResponderEliminar