1 de abril de 2011

Creación interrompida

Boas, ou non tanto. Por motivos de notas da 2ª avaliación, non creo que poida tocar o meu PC en algún tempo, polo que dudo que vaia a actualizar con algo. Só desexo que neste tempo de ausencia no mundo no 3D, vexa crecer o voso número de modelos (sorte a todos!) e atopalos todos en GE.

Direivos, como moito, os modelos en que estaba a traballar, pra que sepades:
Lugo:

  • Palacete Velarde: Levo dende hai moito tempo para comezalo, pero fixeno hai catro días. Teño modelado básico e o 1º piso detallado. Tamén o esbozo do resto da mazá.
  • Rúa San Marcos: As casas e o que será pronto a praza.
  • Centro de especialidades médicas: Na praza do Ferrol, o único da mazá que falta.
  • A casa racionalista na esquina entre San Froilán e San Fernando, que vou ter os planos.
  • Seguir coas casas por Campo Castelo.
  • O mesmo coa Rúa da Raíña.
  • Seguir coa zona do IES Xoán Montes (en canto rematen o hospital).
  • Pechar Bolaño Rivadeneira, e xa que estamos, tirar algo cara Quiroga Ballesteros.

-Ourense: Tramo entre a ponte romana e o viaducto do tren en 3D (relevo, o paseo e as dúas pontes que hai en medio) Este modelo, tarde ou temprano, necesitará a colaboración de Anxo, polo seu modelo da ponte (terreo correxido, movelo un pouco).

-Campanile de San Marcos: Hai un novo modelo, mellor que o anterior, pero sigue sen convencerme.

Isto é todo por agora. Espero non ter problemas nesta última avaliación (nunca os tiven, ou sexa que máis me vale) e que os meus pais recapaciten e me devolvan o ordenador.
Como dato curioso e conspiranoico, cada vez que os meus pais déixanme sen PC, os profesores póñense de acordo para que nesa avaliación, obrigadamente teñamos que traballar con el.

E sen máis, ata dentro duns meses (en canto a entradas, se comento nos vosos blogs algo foi que estou na clase con tempo libre ou cun amigo)


Un saúdo!

3 comentarios:

  1. Ai Andrés!!!, non me descuides os estudios!, que despois temos que pasar abstinencia dos teus traballos!!... Sorte con esa avaliación e volve pronto, que imos botar de menos eses peacho de modelos profesionales.

    Respecto ao modelo da ponte non te preocupes, que alí estarei pa cando volvas. Ti agora concéntrate na avaliación esa, e xa falaremos.

    Un saudo meu!
    ;)

    ResponderEliminar
  2. Notas... e resulta que se publicas algo é debido a que estás 'estudando' no instituto!

    ResponderEliminar
  3. Anxo, non te preocupes, son o primeiro que quere aprobar!
    E Antonio, segundo hora da entrada, creo que vese que non! (era dende a miña casa, antes do "embargo")

    Un saúdo ;)

    ResponderEliminar