19 de mayo de 2011

Actualización de modelos

Boas!

Despois de moito tempo sen tocar prácticamente o blog (excepto pola icona de Corchopán Modeler  actualizada, o título co que conto agora, grazas a uns compañeiros nisto do 3D. Aínda que dixen que non habería actualizacións de modelos, algo houbo. Traballo noutro PC no tempo libre, e todo iso...

Son moitas novas, que irei contándovos a continuación:

Corchopán Modeler: Agora formo parte deste pequeno grupo de modeladores, xunto con Trasancos e Alsomar. Agradezco moito que pensaran en min, un honor,  hehe.

Novos modelos:

-San Pedro 10 e 8: Este modelo foi dividido, agora son dous independentes. A calidade aumentou moito no nº 10, que reformei totalmente. No outro, cambiéi a galería, o tellado e pouco máis. Pra o nº 10 usei unha técnica nova, que cun PC máis potente sería moito máis satisfactoria: facelo en directo, aproveitando que fai bo tempo.
 
  
(nº 8)

(nº 10)

-Palacete Velarde: Ese foi un dos primeiros modelos que sempre quixen facer. Sendo sinceiros, non teño remordementos por non facelo antes. Mellor está agora de como habería quedado...
Este modelo conta cun alto nivel de detalle, aínda que os compoñentes quítanlle bastante peso. Fixen un pouco de trampa respecto ao modelo orixinal, iso sí. Se alguén pasou pola parte de atrás, verá un engadido branco e feo que pouco ten que ver co resto do edificio. Negueime a facelo, e non puxeron trabas. Ten unhas ventanas por defecto que conseguín dun modelo tamén da zona, de kico lópez. Quedei bastante satisfeito con él, aínda que a cúpula non ten profundidade nas sombras nin nada, pero alomenos é algo. Xa se reformará no futuro.


-Bolaño Rivadeneira 9 e 7: Dóus modelos que continúan a rúa. O 9 teño que subilo, pero feito estar, está.

(nº 7)

-Torre do reloxo da Catedral de Lugo: Aínda que a Catedral está feita, a calidade respecto aos novos modelos é algo baixa. Por tempo libre e amor ao arte, decidín facer un modelo en detalle desta torre de 3 estilos diferentes (románico, gótico e renacentista). Agora está subida na galería, pero como WIP, xa que fáltanlle as campanas e algún detalle, como o remate. Tamén a textura está posta da torre orixinal, pero con algún retoque queda ben. Pero sería recomendable facer outra nova. Eu ahí xa non me meto, eu son de modelado.


-Fonte das Pirámides, Ourense: Un modelo dunha fonte que ten tres pirámides dentro, e que está en Ourense. Non creo que faga falta moita máis explicación (isto mesmo xa sobraba, o título o di todo).


E por agora, isto é todo. Sóamente, que teño pensado facer uns cantos modelos máis, algún que outro internacional (en Roma, concretamente), pero sobre todo, restaurar algúns como o Franciscanos.

Nada máis por agora, un saúdo!! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario