20 de mayo de 2011

Democracia Real Xa!

Os españois de tódalas ideoloxías, idades e condicions sociais están fartos, cansos da democracia desvirtuada e deturpada na que vivimos, onde os que mandan e gobernan realmente son os bancos e as grandes corporacións empresariais... entidades non democráticas, non escollidas de ningunha forma lexítima, que fan inútiles os votos de tódolos cidadáns e que ademais son os principais culpables da crisis atroz que están pagando tódolos españois. Os políticos deste país están ao servizo destas entidades, cando realmente tiñan que estar ao servizo do pobo que lexitima e democráticamente os escolleu. O pobo español cree na democracia e quere que funcione, que o seu voto sirva de verdade, que os votos de todos teñan o mesmo valor. A democracia reside na soberanía do pobo e os españois decidiron que é hora de exercer esa soberanía de viva voz, con liberdade, coherencia, sentido común e sen violencia, pacíficamente, ocupando as prazas das súas cidades para demostrar a súa indignación e a súa necesidade dunha democracia real, xusta e que funcione.
A Porta do Sol de Madrid, praza emblemática da capital española, o km. 0 das estradas e camiños de todo o estado, converteuse no centro neurálxico deste movemento pacífico.
Fai uns meses formamos un grupo de modelado 3D sen ánimo de lucro chamado Corchopan Modelers. Dende que comezaron as movilizacións plantexámonos seriamente a posibilidade de realizar un modelo 3D para intentar contribuir cunha maior visibilidade ao movimento cidadán DEMOCRACIA REAL YA. Uns días de traballo colaborativo deron como resultado a representación 3D das manifestacións e concentracións da Porta do Sol de Madrid. Pretendemos deixar constancia de que, incluso en Google Earth, os españois están fartos. 
Modelo 3D | Enlace a Google Earth
Graciñas a todos por estar ahí, graciñas a todos por apoiarnos, pero sobre todo, grazas a os que estades nas prazas dando unha lección de democracia, civismo e liberdade ao mundo enteiro!
Anxo
Alejandro
Andrés

2 comentarios:

  1. Greetings from Finland. This blog is a fun, through access to other countries, people, culture and nature. Come see Teuvo pictures on my blog. Tell your friends why he must visit Teuvo pictures on my blog. Therefore, to obtain your country's flag rise higher Teuvo blog pictures of the flag collection. Have a wonderful weekend Teuvo Vehkalahti Finland

    ResponderEliminar
  2. Unha idea, un apoio. Polo menos, o meu. Saúdos.

    ResponderEliminar