28 de agosto de 2011

Algo de Porto do Son

Boas, xente!
Estes días estiven a traballar bastante nalgúns proxectos, ademáis de desfrutar da praia algún que outro día en Porto do Son, o que inspirou estes modelos que vos traio:


Este modelo surxiu como a base para o segundo modelo, a Igrexa de San Vicente de Noal (máis adiante), xa que o terreo era moi irreal en Google Earth. Pero comecei levantando a zona, e logo coas árbores, os bancos, o cruceiro... E ao final está todo feito (agás as farolas e pivotes do paseo, que necesito un plugin que non teño pra facelo, pero o solucionarei pronto).

Unha vez feito isto, comecei a igrexa de Noal, o modelo máis notable do conxunto:



A Igrexa é neoclásica, construída entre 1775 e 1790. Ten planta de cruz latina, reedificada sobre outro templo medieval románico, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada pra fachada principal e para o entorno dos panos.
Saquei as foto de paso que estaba alí, ás 8 da mañá, que despois ía darlle o Sol todo o día, e non me gusta ter sombras nas texturas. Tras un traballo de modelado complexo no campanario, e simple no resto, comecei coas texturas, coas que tiven máis problema coa torre. Ao tomar as fotos, non tomei ningunha boa desta, saían a contraluz, polo que tiven que corrixir o que había e apañar. Prestoume a súa axuda Trasancos, por certo, nesta tarefa.
Finalmente, co conxunto rematado, o resultado é o que vedes, aínda que o paseo xa dixen, será sometido a máis retoques próximamente.


Con todo, déixovos unhas imaxes do proceso coa igrexa e uns renders:

















Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario