15 de agosto de 2011

Restauración da Catedral de Lugo (Nova)

Boas!
Vendo a cidade no tema urbanístico nestes últimos meses, penso que sería boa idea informarvos un pouco dalgunhas novas que poidan ter que ver co meu traballo (ou doutros, en Lugo, polo menos) en 3D. Polo que dende agora, irei actualizando tamén con novas. Inauguro coa da restauración da catedral:

Dende finais de abril/comezos de maio, a Catedral de Lugo (modelo de wysywyg aquí) está en restauración, a obra máis grande levada a cabo dende a conclusión da fachada principal.

O traballo que se está a levar a cabo é (resumindo) limpar e reparar a fachada principal e as torres, limpar o exterior da xirola, levantar o tellado no cruceiro, quitar o apaño do s. XX de formigón( que non deixou circular o aire e creou humidades) e renovalo todo.Tamén a limpeza do altar maior, restaurar as pinturas, as esculturas e a bóveda.

Agora mesmo, a torre sur está rematada, falta desmontar todo o andamiaxe, e estase a montar na torre norte. A xirola está limpa por fin, na parte traseira. No interior, tras limpar toda a xirola da roña de varios séculos, descurbindo que as columnas eran azuis e douradas, entre outras cousas. O altar maior foi desmontado pra limpalo, e hai uns días, tras limpar a bóveda, descubríronse frescos barrocos, que non tardaron en bautizar como "a capela sixtina galega" (fotografías de "La Voz de Galicia", xa que eu non puiden tomalas aínda, polos andamios)

E con todo isto, unhas imaxes, de o antes, o durante e o despois:

A bóveda no altar maior (2009), distínguense uns debuxos por debaixo, moi sucios

Estado da restauración do Altar Maior

Xirola. Agora vese o cromatismo das columnas, antes oculto.
Fachada principal no 2010
Detalle da vexetación na torre norte (2010)
Áreas de actuación

Fachada principal en maio do 2011
Fachada principal en maio do 2011


Catedral en xullo do 2011, coa torre sur cuberta de andamios


Panorámica vertical da torre norte dende a Praza Maior

Estado actual da xirola, xa limpa (agosto 2011)
Isto é todo por agora, un saúdo!

Novas nos periódicos:
03/02/2011 Licitación das obras (Diócese de Lugo)
29/06/2011 A Catedral comeza a ser outra (El Progreso)
02/07/2011 Herido un mozo ao caer dende 10 metros da Catedral (El Progreso)
11/08/2011 Lugo destapa a súa "Capela Sixtina" (La Voz de Galicia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario