1 de septiembre de 2011

Campanario de San Marco, Venecia


Boas!
Teño o blog con entradas atrasadas, a ver se me poño en canto comece setembro e teña máis tempo. Por agora, un modelo que merecía xa a súa propia entrada, e que leva algún tempo subido: o Campanario de San Marco.

Edificio singular como el só, na cidade das canles. Símbolo da cidade, ubicado na Praza de San Marco, é o campanario da basílica bizantina adicada ao mesmo patrón. Posee unha altura de 98,6 metros. O corpo principal, de ladrillo, é un ortoedro de base cadrada de 12 metros de lado e 50 metros de alto, sobre o cal se asenta un campanario branco con catro arcos por cara, con cinco campás. O campanario posee na parte superior un cubo, e nas súas caras hai leóns e a representación feminina de Venecia (la Giustizia) de forma alternada. A construcción está coroada por unha agulla piramidal, no extremo da cal se atopa unha veleta dourada coa figura do Arcanxo Gabriel. A torre actual é unha reconstrucción de 1912, tralo colapso de 1902, anque a forma orixinal de 1514 mantívose.

En canto ao modelo, o detalle do mesmo é bastante alto, sobre todo na Loggetta (a loggia de entrada, que ten nome propio), que tardei máis en rematar. Ao ser simétrico agás por esta e unhas estatuas, feito un lado, feito todos. As texturas saqueinas de Internet, e quedei satisefito co resultado. Na Loggetta foi peor, xa que había moi pouco material do lateral da mesma, pero ao final fixen un apaño algo raro que da o pego.

A continuación, imaxes do proceso de construcción e o resultado:



O Campanile modelado, listo pra texturizar

Comezando por abaixo coa textura

Detalle

Detalle da parte das campás

Estatua da Giustizia sen textura

O Arcanxo Gabriel

Render do Campanile sen textura, pra ver o detalle

Render en detalle do Campanile

Campanile completamente texturizado, pero aínda sen a Loggetta

Detalle do Campanile

A Loggetta, debuxada no Sketchup a partires dunha foto

Dándolle relevo

Engadidas as columnas

Rematada a fachada principal (detalle de modelado)

Rematada a fachada principal (con textura)

Lateral, coa Loggetta xa rematada





Isto é todo por agora, seguirei subindo que aínda teño máis modelos novos, pero pra non saturar, irei subindo entre días. Un saúdo!!



2 comentarios:

  1. Quería felicitarte y decirte que admiro tu gran trabajo, es increíble todo lo que estás haciendo en general y ver como das vida en 3D a una ciudad como Lugo. Enhorabuena!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Capitán!
    Agora mesmo estou en Barcelona, nunha convención de Google polo destes edificios (xa escribirei no blog) e coa de cousas novas que aprendín, creo que Lugo vai ter un repunte de edificios importante pronto.
    Igualmente, admiro moito os teus debuxos, cadros, etc. A ver se fas algún novo aquí en Lugo, son os mellores, e atopar material gráfico así da túa cidade reconforta o seu!!

    Un saúdo ;)

    ResponderEliminar