15 de noviembre de 2011

De volta...

Boas!
Como probablemente notáchedes, estiven de parón algún tempo cos modelos. Isto debeuse a un descanso que tomei (fomentado polas poucas gañas e o curso, todo sea dito) nestas últimas semanas. Hai uns días retomei un pouquiño o modelado, reformando algún modelo (coma a Estación de buses ou Montevideo 29, aínda pendiente de que cpvr1993 o aprobe, que son colaborador) e facendo de outro proxecto moito maior, que merece un lavado de cara no 3D, xa que na realidade o está levando. Trátase da Catedral de Lugo, un dos modelos que sempre desexei ver feito (cousa que ser fixo realidade grazas a wysywyg, véxase o modelo aquí) e que trala súa restauración, aínda pendente de rematar (cousa de semanas como moito, alomenos exteriormente) está listo pra unha renovación integral, que por outra parte irá á par que a impresionante modelo da Catedral de Santiago, cousa do compañeiro Trasancos (véxanse estas entradas no seu blog: 1, 2, 3, 4).

En realidade a miña idea non era facela, se non colaborar de algunha forma con wysywyg pra facer un modelo digno dunha cidade como Lugo (pra min iso é coma dicir "un modelo boísimo"), tarefa que comecei coa torre do reloxo, modelo subido á Galería 3D hai xa tempo, e aínda anda pendente de rematar, e de texturizar correctamente. Antes de Barcelona, andaba a facer un plano da fachada principal, agora mesmo en restauración. Pois ben, contei con que podería facerse en relevo, e a iso ando agora, cun resultado que persoalmente, me fascina (contando con que é unha fachada que vexo día a día dende a miña clase, a coñezo bastante ben, e é un modelo que evócame moi ben o que vexo). Por agora, levo as torres, cun nivel de detalle alto. Fáltame o corpo central, do cal só teño as columnas en relevo, pero xa da o pego. A idea que teño é, a partires dese modelo facer dúas versións, unha con un nivel de detalle moi alto (modelar calquer detalle en PNG, como os bolardos e balaustradas) e unha a un nivel medio pra Google Earth (eliminando bastante morralla que lle fixen, as texturas farán o traballo de tanto polígono). Pero por agora aínda queda moito tempo, sen contar con outros modelos que teño de por medio (algo de Florencia, Venecia, Roma, Coruña, Ourense, e como non, Lugo; xa irei contando). Aínda que hoxe a última hora conseguín unha nova que pode facer esta tarefa moitísimo máis amena, pero non hai nada confirmado... ;)

Mentres tanto van unhas imaxes de como vai:



Estado actual das dúas torres da fachada 

Imaxe do pináculo, o máis laborioso dado o seu carácter circular
Vista duna torre dende arriba
Fachada coas torres rematadas. O corpo central está pendende de modelar.
O mesmo que a imaxe anterior, pero con sombras, pra apreciar os volumes


Estado actual da fachada, en vista paralela (tal cual o plano que tracei)

O mesmo pero outra vez sombreado

Por agora isto vai así, teño varias entradas atrasadas dalgúns modelos, tentarei escribilas pronto, pero polo de agora, desfrutade con esta! ;)

1 comentario: