24 de febrero de 2011

Praza Maior case rematada e algunha foto máis de Lugo

Praza Maior dende detrás do Concello

Praza Maior dende Alférez Provisional, mirando o por fin rematado Cantón

O Cantón, na Praza Maior

Santo Domingo

San Marcos cara a Praza do Ferrol

O IES Xoán Montes

Vista xeral da Praza Maior dende a Catedral

22 de febrero de 2011

Pontes, modelos varios e renders

Boas!

Levaba un tempo sen escribir, a verdade. Moitos veríades xa as Torres do Garañón (o modelo denuncia) en Google Earth. Tiña pensado dedicarlle unha entrada específica (o merece) pero será máis adiante, xa que non dispoño de toda a información que querería. Tamén estiven a facer virguerías co Artlantis, e saíu algún render decentillo. Déixarei algún co modelo correspondente. En canto sexa Pro en Flickr, subirei os bos alí para que podades velos. Por certo, non tiven tempo a reducir as imaxes, van en tamaño orixinal (os renders gústanme en alta resolución, aconséllovos facer click neles pra velos en grande e contemplalos ben).

Así que,aquí van as novas:



 Tiña uns saíntes en cada arco, agora xa os puxen. Tamén fixen o terreo baixo a ponte sen a fotografía da propia ponte. Na previsualización non sae ese terreo, porque a recoñece mal, pero en Google Earth, si está, ou sexa que non hai problema ningún. Déixovos dous renders da ponte dende o mesmo punto simulando o típico amencer lucense de inverno: gris, neboento e despois soleado (pero cun frío...):
Ás 7 da mañá


Ás 10 da mañá



Agora, moito máis detallado: os arcos son moito máis complexos, xa que antes eran moi bastos, agora xa non se aprecian os polígonos. E aproveitei para comprimilo, xa que non usaba compoñentes (algo estúpido, xa que é un modelo no que se repite o mesmo varias veces). Aproveitei para detallalo máis, como resto. E tamén, hai renders. Neste, probei a poñer auga por debaixo un pouco ao chou, a ver que tal quedaba, xa que este post deume a idea. A ver que vos parecen:


Toda a ponte. Aconsellable ver a imaxe aparte.

Probando as texturas tanto na auga coma na ponte, non deu mal resultado...


Outro modelo de Ourense ( que poucos ten). Este, atópase ás aforas da cidade, Miño arriba. É a ponte da N-120 e a peatonal que salvan o Río Lonia, un regato cun paseo fermoso pra recorrer. Este modelo levoume bastante tempo porque esixía unha gran remodelación do terreo ao redor. Creo que quedou o suficientemente ben como para distinguir os camiños e iso, bastante levoume aplanar a estrada...

E como non, un render:




Unha proba, realmente. Estas casas foron feitas a partires do Street View, con algúns apaños. Era pra ver se se podían facer rápidamente. Escollín un mal exemplo, xa que unha fachada non ten fotografías (a fachada de Xermán Alonso, a máis grande) Polo que copiei e peguei, e o modelo asemmela a calquera feito dunha fotografía boa. Entón, dudo que o use. Un render:

Son dous edificios, a fachada da esquerda non estaba en Street View.
Neste render podemos ver as liñas, e distinguese o detalle que ten.


Este é un modelo algo peculiar. É o completo entorno arredor do meu instituto. O patio está case pechado, só falta a muralla, cousa que deixo pra Kico López.
Están feitas as árbores, farolas, buzóns, papeleiras, muros do patio, canil, un pequeno xardín, as porterías, canastas e un guiño a uns amigos meus sobre o meu símbolo no tablón de propaganda do xardín ;)

Non podo poñer o render, xa que sen o instituto non paga a pena. Debido a problemas co Sketchup, comentados con Trasancos no Twitter. Espero resolvelo pronto, xa que é bastante incómodo. (se queredes buscarme no Twitter, a todo isto, son aarmestocor.

Deixo a vista en GE, que é máis útil ca previsualización 3D neste caso:



E como adianto, un edificio dos primeiros que está sendo remodelado, e o cambio é moi grande... Un render (como non) pra que vexades (asemella rematado, pero falta toda a parte traseira)

Casa de Alvarado - Fundación Caixa Galicia, Lugo


Creo que por agora nada máis, sóamente recoméndovos ver a entrada de Kico López da muralla, un traballo que ten pinta de pagar a pena :D


Un saúdo!

11 de febrero de 2011

Ourense en 3D


Boas!
Se ides a Ourense en Google Earth, atoparédes dúas pontes, un estadio e un edificio da Universidade de Vigo en 3D. Pero hai uns modelos non subidos á Galería 3D feitos polo Grupo de Investigación de Informática Gráfica y Multimedia de la Escuela Superior de Ingeniería Informática de Ourense e as empresas Redegal S.L. e Synesthesia S.L 


O video é autoestereoscópico, con unha pantalla especial vese en 3D, pero así vese ben tamén. Podedes descargar un arquivo con información e os modelos en Google Earth aquí (non aparecerán os modelos ao principio, descárganse de Internet, entón van aparecendo, paciencia).

O 1º video é unha animación na que se recorre o centro da cidade con luces, sons ambientais e unha música épica que queda ben nalgunhas partes (cando aparece o tren resulta cómica, polo contexto):

  

Este outro é como se ve se descargades o modelo.

Aquí tedes a páxina web desta iniciativa.

Espero que vos guste!

Por outra parte, é unha pena que non se poda descragra o modelo en si, porque algúns están moi ben, e con todas esas fotografías, incluso podíase amañar algún. Estiven tentando importar o kmz ao sketchup pero dame erro. Unha mágoa, xa que era interesante ter a Catedral :/

Nada máis. Un saúdo! ;)

7 de febrero de 2011

Fonte do Rei 3.0 e Campo Castelo 3

Boas! Unha pequena actualización pra comentar estes modelos:



Fixen o modelo dende cero, tampouco era moito traballo. Agora ten os chorros de auga en PNG. Non sei como se verán, xa que na previsualización non saen ben. Déixovos unhas imaxes:




Unha casa desta praza, que teño ganas de comezar a pechar tamén, anexa á Praza Maior. No baixo está a zapatería Cortés.







Isto é todo por agora. Un saúdo! ;)