28 de marzo de 2011

Novo proxecto: Ponte Nova, Ourense

Déixovos unha fotografía (estou en TICs agardando ordes xD)

A que está no fondo é o viaducto do tren.

27 de marzo de 2011

Modelos e renders

Boas!

Levaba algún tempo sen subir, aínda que prometín no twitter facelo. Pois ben, aquí vai:


Edificio racionalista na esquina entre a rúa do hospital, a pequena rúa entre o Convento das Agustinas e a parte de atrás das casas de San Marcos; e a Praza de Santo Domingo. Non ten moita cousa, como moito, o amaño da fotografía para que saíran as fiestras laterais correctamente. Aparte, vai con texturas fotorealísticas en 3 de 4 fachadas, un logro. Iso si, cando estaba case rematado, percateime de que non tiña fotografías do baixo (onde está a tenda Oysho), e non tiña ganas de retrasar a subida, polo que tirei da imaxe do chan, e aumentando as letras de Google, amañei uns escaparates difuminados (aos moderadores valéronlles). Polo tanto, está subido dende hai tempo:



Este edificio, do entorno do IES Xoán Montes, é do estilo racionalista, e segundo o Plan de Ordenación, non debería existir. Pero existe, e é un edificio aislado de todo, entre o comezo do carril das Estantigas e a rúa Montevideo. Aos lados ten un parque onde bifúrcanse, e un terreo abandoado e tapiado, onde debía haber unha casa que tiraron. Vese na textura (fea pero é a real) do lateral.



Este modelo foi feito orixinalmente para un traballo de Educación Física, e de paso , o modelo enteiro. Dous paxaros dun tiro. Teño varios renders, e estiven experimentando coas luces artificiais, con resultados bastante bos (iso si, duns 10 minutos que tardaba en renderizar as imaxes a 2000x1500 con suavizado, pasou a case unha hora por meterlle un foco). Non sei se será bo poñer a imaxe final que entreguei, ou sexa que porei coas que o fixen (só ten uns efectos de antiguedade):



O modelo inclue unha modificación do terreo bastante grande e da textura, xa que a herba estaba seca, e o asfalto moi branco. O pazo básase na repetición dos compoñentes, o que simplificou bastante a tarefa, e non leva case texturas. O único problema foi que experimentei coas transparencias (pódese apreciar que nos renders, algunhas luces están no interior), fixen unha parede tras cada ventá e parecía que daba o pego; pero unha vez en GE, vese mal, o que hai ao outro lado do modelo, polo que para o render vale, pero para GE, mellor será borrar o interior e corrixir a transparencia.

Déixovos a vista en 3D e o enlace na Galipedia:


Por agora, pouco máis teño. Rematei a 2ª avaliación, con mellores resultado que na 1ª (espero, aínda non teño as notas); ou sexa que con sorte, conservo o PC e podo seguir traballando. Por agora, estiven mirando edificios pra restaurar, e o Franciscanos, outro de Montevideo, detallar máis o Cuartel de San Fernando... Tamén mirei proxectos alleos, como o campanario da Igrexa da Nova, de Kico López, ao que lle fai falla unha boa restauración, ou mesmo a Catedral, as tres torres merecen algo máis de detalle pra non quedarse atrás en canto a Lugo (se fai falla, axudo).

E por certo, collendo os modelos da zona e poñendo algún recheo, saquei este render, bastante interesante como esquema, gústame o estilo: 
Mirándoo por outra parte, apréciase ben o alto detalle do modelo, xa que as texturas (que moitas veces son tan boas que non se nota a sinxeleza do modelo) están eliminadas. Averdade, espero que algún día, todo iso esté cheo de edificios así de detallados... ^^

Nada máis por agora, un saúdo!! ;)

13 de marzo de 2011

Praza Maior Lugo: progresos grazas a Trasancos

Boas!

Grazas aos modelos das árbores da Praza Maior, agora podo rematala!
Esquecín outra especie da Praza, dous grandes castiñeiros, pero eses son sinxelos, e non supoñen un gran problema, fareinos noutro momento.

Déixovos unhas imaxes:

Praza Maior coas árbores, aínda en proceso (faltan algunhas farolas, estatuas...)

Pra facer o parasol do quiosco, usei o Shape Bender.

Isto é todo en canto a Google Earth, aínda que vou deixarvos un render que fixen pra o grupo duns amigos, No Nation 


Gramófono co seu suposto vinilo, un ambiente moi grunge.
Un saúdo! ;)

11 de marzo de 2011

Axuda, modeladores! (outra vez)

A estatua hoxe en día
Boas!
Estou remodelando outro dos primeiros modelos de Lugo: o Monumento do Bimilenario. Se non a vichedes nunca, é unha columna duns 15m, que fai de glorieta en Santo Domingo. Conmemora o bimilenario da fundación da cidade, sendo inaugurada en decembro de 1976. Pero a águia (que foi feita en bronce fundido basándose nunha atopada no Courel, coas ás pechadas) foi substituída pola actual na primavera de 1977, por outra coas ás abertas, xa que non gustaba (déronlle o alcume de "O Pombo"). Agora, a orixinal está no parque Rosalía de Castro, facendolle compaña ao resto da fauna que anda por alí, coma os porcos que se dedican a graffiteala.

Así vai o modelo. Aínda
non cambiei o águia.
Despois dun pouco de historia, amósovos o problema: Estou facendo o modelo con gran calidade, entón, a estatura non vai ser menos. Non quero usar un PNG (xa foi a primeira versión e non quero repetir) e quero algo con máis detalle. Tentei facelo, pero cústame. Se algún coñece un bo método, tutorial, ou se presta a facelo, que avise, e grazas por adelantado! Tedes aquí unhas cantas imaxes

Falando de favores, aínda non solucionei o das árbores da Praza Maior, ou sexa que se alguén segue interesado... Sen prisa, que eu alomenos, non a teño xD


Un saúdo, e grazas! ;)

Novos modelos.

Boas!

Hai novos modelos na Praza de Campo Castelo, praza moi céntrica mais ou menos detrás do Concello. Xa había un edificio, pero agora vou pechando. Subín dous modelos, de dúas casas cada un:




Tamén subín un en Doutor Castro, rúa que da á Praza Maior, onde ese laranxa racionalista. Aquí o tedes. É un pouco escuro, xa que a rúa é algo estreita e non había luz ao sacar a fotografía. Grazas á propietaria da Confitería "Santos" polo permiso pra facer as fotografías.



Un modelo que xa leva moito tempo anunciándose neste blog. Agora podo dicir que está rematado (e rexeitado pra GE -.-) Un edificio de Eloy Maquieira, como o amarelo ao seu carón.



Este edificio, quedou sen facer a pesar de estar entre os primeiros feitos da cidade. Débese á restauración interminable que está sufrindo. O modelo está feito a partires dunha fotografía, da que limpiei o que puiden. O resultado é algo esquemático, pero alomenos está pechado ese oco.




Pódese dicir que con este, rematamos O Cantón. 

O Cantón, por fin rematado


No último post, subín varias imaxes de GE con todos os novos edificios. Na última imaxe, sae na parte de abaixo un edificio do que non falei aínda (víase dende atrás). É un edificio case rematado, trala súa rehabilitación. Das dúas prantas orixinais e a baixa, surxe agora unha galería negra de dous pisos, e por riba, un alto tellado de zinc. Isto provocou varias queixas, que poden verse neste enlace a La Voz de Galicia.
Así e todo, o modelo está feito. Este engade un pequeno edificio adosado, que segundo souben, comezará tamén a restauración en pouco:

Ao lado deste está un bloque onde atópase entre outros, a radio COPE. Cristóbal Pablo fixo este edificio, pero está mal colocado e faltanlle algunhas cousas. Tomeime a molestia de amañalo un pouco pra que se adapte ao novo, e quedou así:
Engadinlle variedade nas fiestras da fachada e borrei todos os reflexos, xa que eran moi irreais. Quitando que o edificio non é ningunha preciosidade, eu creo que quedou ben. Estou á espera de que Pablo o suba á Galería, que anda con exames.

Aproveiteti pra restaurar varios modelos, tamén:



Este modelo, no que Trasancos prestoume axuda cas cores, necesitaba unha gran restauración. Comeceino de novo. O resultado non me decepciona en absoluto. Déixovos un render (ten un problema, non se ve a textura do baixo ben, pero o resultado da unha idea de como quedou o modelo, moito máis detallado):



Este foi un dos meus primeiros modelos. Agora, restaurado é moito mellor. Tamén tiven que comezalo de novo, xa que era un modelo moi malo. Xa deixei un render hai unhas entradas, polo que só poño a imaxe en 3D:







Fotografía que tomei
Por último, un modelo non de Lugo, nin Galiza, se non máis lonxe. Ven cunha pequena historia:
Estaba vendo as fotografías da viaxe de fin de curso do ano pasado, por Italia (en bus!).Cando andaba polas de Venecia, abrín GE. Como xa saberedes, está feita completamente en 3D ( todo iso fálase aquí). Entón, busquei os lugares das fotografías, sobre todo as igrexas que saían nas tomadas dende o Campanile de San MarcoNunha delas, vin outro ao lonxe (era un día moi neboento) que parecía interesante. Ao velo en GE, quedei moi decepcionado: Era un modelo feito co Modelador 3D, mal feito, sen detalle apenas...
Modelo vello
Propúxenme facelo. Tiña pinta de ser fácil, había unhas poucas fotografías pola zona en Panoramio, e usei unha. Tamén informeime sobre a Igrexa (é a de San Francesco della Vigna) e o propio campanile (do que non atopei moito, iso si). Tras facelo con todo detalle, quedei moi contento. Do bloque que era antes, agora é un modelo perfectamente detallado, incluso as campás están modeladas. Espero que sexa subido pronto. Déixovos uns renders, a imaxe de como é agora e a vista frontal.


Render do modelo. 
Vista frontal (ou calquera das outras, que son iguais)



Isto é todo. Un saúdo! ;)