1 de abril de 2011

Creación interrompida

Boas, ou non tanto. Por motivos de notas da 2ª avaliación, non creo que poida tocar o meu PC en algún tempo, polo que dudo que vaia a actualizar con algo. Só desexo que neste tempo de ausencia no mundo no 3D, vexa crecer o voso número de modelos (sorte a todos!) e atopalos todos en GE.

Direivos, como moito, os modelos en que estaba a traballar, pra que sepades:
Lugo:

  • Palacete Velarde: Levo dende hai moito tempo para comezalo, pero fixeno hai catro días. Teño modelado básico e o 1º piso detallado. Tamén o esbozo do resto da mazá.
  • Rúa San Marcos: As casas e o que será pronto a praza.
  • Centro de especialidades médicas: Na praza do Ferrol, o único da mazá que falta.
  • A casa racionalista na esquina entre San Froilán e San Fernando, que vou ter os planos.
  • Seguir coas casas por Campo Castelo.
  • O mesmo coa Rúa da Raíña.
  • Seguir coa zona do IES Xoán Montes (en canto rematen o hospital).
  • Pechar Bolaño Rivadeneira, e xa que estamos, tirar algo cara Quiroga Ballesteros.

-Ourense: Tramo entre a ponte romana e o viaducto do tren en 3D (relevo, o paseo e as dúas pontes que hai en medio) Este modelo, tarde ou temprano, necesitará a colaboración de Anxo, polo seu modelo da ponte (terreo correxido, movelo un pouco).

-Campanile de San Marcos: Hai un novo modelo, mellor que o anterior, pero sigue sen convencerme.

Isto é todo por agora. Espero non ter problemas nesta última avaliación (nunca os tiven, ou sexa que máis me vale) e que os meus pais recapaciten e me devolvan o ordenador.
Como dato curioso e conspiranoico, cada vez que os meus pais déixanme sen PC, os profesores póñense de acordo para que nesa avaliación, obrigadamente teñamos que traballar con el.

E sen máis, ata dentro duns meses (en canto a entradas, se comento nos vosos blogs algo foi que estou na clase con tempo libre ou cun amigo)


Un saúdo!