16 de octubre de 2011

Google Geo User Summit Barcelona



Boas!

Acabo de volver a lugo tras uns días de vacacións en Barcelona, cortesía de Google. Fun invitado a ir á "Google Europe & Middle East Geo Community Summit 2011", ou traducido, un congreso pra xente que fai cousas pra Google de maneira gratuita, coma eu. Entre os asistentes, había Map Makers (os que trazan carreteras e todo iso no Google Maps), os "Panoramios" (os que suben fotografías a esa páxina) e os 3D Geomodelers (os que facemos os edificios en 3D) Eu fun con Trasancos, que fíxose cargo de min. Tras 3 días de horario europeo (almorzar ás 7.30, aínda que nós pasábamos ás 8:30; xantar ás 12, merendar ás 3 e cear ás 7) podo dicir que foi unha experiencia non só enriquecedora a nivel técnico e social, se non que ademáis, veño con outra cidade máis na lista de visitadas, cun repertorio de novas ideas, cunha morea de fotos, con ganas de modelar, con información bastante privilexiada, e algunha sorpresa no ámbito do modelado lucense con sorte a medio prazo.... ;)

Entre moitas cousas, podo decir que síntome moi contento de coñecer a moitos dos seguidores de este blog en persoa, dos que non tiña nin idea, e moitos modeladores dos que non sabía moito, que resultaron ser unha persoas incríbles, cuns modelos aínda máis.

O bo desta viaxe foi tamén que xa que estaba, aproveitei o fin de semana en Barcelona, e vivín o 15O na cidade, seguindo a manifestación, formando parte de tan impresionante evento.

Agardo que podamos volver a compartir todas esas risas xuntos pronto, xa que quedei con ganas de máis!


Grazas por estos días tan impresionantes!! :D
Thanks for this amazing days!! :D (internacionalizado pra que o entendan)

Mapa de procedencia dos participantes no evento. As rosas, o regalo de despedida.