6 de noviembre de 2013

Gran Teatro, renders

Boas! Teño novos renders do Gran Teatro, vounos deixar por aqui para que opinedes :)




Un saúdo!

27 de septiembre de 2013

Deseño de fachada

Boas! Estes últimos días estiven traballando esporádicamente nuns deseños baseados no videoclip "Run Boy Run" de Woodkid, un dos meus artistas preferidos. Neste videoclip que poderedes ver debaixo (recomendable en HD) intercálanse vistas da arquitectura dunha cidade Art Déco de mármore branco que tenme fascinado dende que a vin. Inspiroume moitas ideas en debuxos e modelos, e decidín modelar algunhas desas cousas, como podedes ver:



O modelo en cuestión é o que se ve en 1:14. As vistas da cidade completa son fascinantes, sen dúbida. Recoméndovos escoitar mais de Woodkid, música orquestal cunha percusión potente que alomenos a min conségueme emocionar.

O primeiro render dende a perspectiva do vídeo

Segundo render, dende arriba, tede en conta que a parte negra é "cristal"

Imaxe tomada do SketchUp directamente, sen renders

Patrón que segue o modelo en si
Nada mais, agardo que vos gustara, e que desfrutedes desta música tanto coma min. Déixovos tamén a canción que o levou á fama, "Iron". Se vos fixades, están encadeados, sendo este o primeiro. Saúdos!




9 de agosto de 2013

Fin.

Sinto unha gran mágoa por ter que escribir isto, aínda que xa supuxen hai tempo que pasaría. Tras anos de traballo, o meu principal cometido, polo que comecei o modelado 3D e este blog, remata en breves.

O pasado 6 de agosto, Google anunciou que os modelos 3D feitos por usuarios deixarán de poder subirse a Google Earth a partires do 1 de outobro. Ata entón, aínda vanse aceptar modelos, polo que podería rematar algún dos traballos que teño pendentes. Pero a idea é que os novos edificios sexan feitos automáticamente (como xa pasa en Roma ou Nova York) polo que van ser substituídos. Tedes o anuncio aquí (en inglés) por se lle queredes botar unha ollada.

Aínda que en certa medida sinta enfado, en gran parte estou moi contento de vivir nestes anos o que vivín: coñecín a unha morea de xente de todo o mundo, fixen bos amigos dentro dos modeladores, foi unha gran afección que mantívome entretido moito tempo, axudoume a interesarme pola arquitectura, pola miña cidade (até o nivel de investigar o seu pasado en profundidade, sobre todo no ámbito urbanístico), viaxei por España (a "Google Geo User Summit BCN", a visitar a Trasancos unhas cantas veces na Coruña...) e en resumo, paseino moi ben.

Por se o estades pensando, non, non vou pechar o blog. Aínda que o principal obxectivo deste blog era mostrar os modelos que ía subindo, xa vístedes que agora mostro renders, novas dalgún tipo, e mais cousas, e niso quedará. Sigo co meu proxecto a longo prazo de recreación da arquitectura perdida da cidade, e da que non está perdida pero non lle ven mal un modelo 3D con bo detalle (véxase, a Catedral).

Polo que, aínda que non escriba moito, eu ando por aquí. Que non poda subir un modelo a GE non significa que deixe de ir pola rúa observando aos edificios en vez de mirar ao chan, nin que deixe de tomar a mesma foto pensando "así teño unha textura mellor", nin que pense "Ese edificio habería que facelo en 3D" ou comente "Ves esa casa de enfronte? Pois a fixen eu en 3D".

Aproveito para mandar un saúdo a todos os compañeiros modeladores, e a todos os lectores deste blog que seguen fielmente as poucas publicacións que ofrece.


NO RECORDO!


18 de mayo de 2013

Gran Teatro, Lugo

Arquitectura perdida de Lugo, reconstruida no que se pode...

O Gran Teatro de Lugo construíuse ao lado da Porta da Estación, intramuros. Deseñado por Alfredo Vila López e construido entre 1930 e 1940 (1932?). Foi derrubado nos anos noventa (1996?) para construir vivendas no seu lugar.

A partires de dúas fotografías conseguín recrear a fachada (racionalista e con toques Art Déco) aproximadamente, así como as cores que debería ter no seu momento. Faltaría engadir algún detalle mais, pero por agora serve para ter unha idea do que debía ser para os que non o coñeceron ou non o recordan (como é o meu caso). É indignante que non se teña información dos planos orixinais que non existan mais fotografías publicadas deste precioso edificio. Agradecería axuda se alguén tivera unha fotografía deste emblemático edificio (que aparezca nalgunha), recordade que tedes varias formas de contactar comigo, dende o email, Facebook, Twitter, Google Plus...

Nun futuro gustaríame recrear a zona, o terreo... (a Rúa do Teatro e un trozo da Muralla para darlle realismo) e compartir algunhas imaxes do que foi e do que debería ser. Pero dádeme tempo, que estou ocupado!
Imaxe do modelo 3D da fachada


 
Render da fachada
Algunha información:
Arquitectura de Lugo entre 1930 e 1939
Primeira foto usada para a recreación
Segunda foto usada para a recreación


13 de febrero de 2013