12 de diciembre de 2016

Cities: Skylines, o Cuartel de San Fernando, Lugo

O Cuartel de San Fernando, o edificio militar neoclásico do centro de Lugo que está a caer, agardando unha restauración, a conversión en Museo da Romanización, ou o que sexa que lle fagan cando decidan quen é o responsable de conservalo, como BIC que é.
Politiqueos aparte, no C:S o cuartel está restaurado, ten función de comisaría e pasou dúas reformas.
Versión orixinal (a de Google Earth)

Primeiro modelo que houbo en C:S

Segundo e actual modelo de C:S, mellores texturas
O modelo foi dos primeiros, polo que levou unha restauración da textura, que era bastante pobre, sobre todo no tellado. O modelo final (a última imaxe) é un pouco oscuro, pero no xogo vese ben, a relación de brillo e intensidade de cores cambia bastante, hai que xogar con ela.




Esta é a versión antiga, recoñecible polo tellado. Ademais dunha fea liña entre as fiestras que logo solucionei

Na nova versión vese que xa non hai separación visible entre a textura repetida.


As bandeiras da URSS son por unha modificación que ten o xogo, nada grave, non preocuparse!



É probable que no futuro faga unha nova remodelación, pois eses arcos poderían ser menos planos sen sacrificar moito o tamaño, todo é pensalo ben!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada