14 de diciembre de 2016

Cities: Skylines, o Gran Teatro, Lugo

Gran Teatro, cabeceira deste blog. Deseñado por Alfredo Vila López, construido nos anos 30 e derrubado nos 90. No xogo cumple a función de edificio turístico. Hai dúas versións do mesmo: Unha imitando a parcela que tiña diante o orixinal e outro sen ela, coa fachada ao mesmo nivel da beirarrúa cos edificios colindantes.

Dada a pouca información existente, a fachada está modelada en detalle, así como o tellado, cunha aproximación dos volumes orixinais. O resto das fachadas carecen de detalles.

Houbo unha primeira versión do modelo coa textura moi saturada, polo que actualiceino por outra mais suave. Un "problema" que ten o C:S na noite é a iluminación, As luces do propio xogo (que imitan en maior medida as simuladas na cabeceira do blog) son moi potentes para un edificio deste tamaño, polo que teño que xogar cos parámetros para que non deslumbren nas imaxes. Nembargantes, penso que o resultado foi bo.







O Gran Teatro na súa localización orixinal

No hay comentarios:

Publicar un comentario